Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 13 de marzo de 2018

Conta de Libros (XXVI): Salitre, de Jaureguizar



O libro gustoume moito, e pareceume moi bo de ler. O momento máis importante foi cando o teléfono soaba e o pai de Eduardo lle dicía que o collese, pero el non lle facía caso, porque tiña moitas ganas de ir ver a súa moza ao hospital. Seu pai dicíalle que o collese, que era a súa nai.

Gustaríame saber que pasaba despois, que quedaran falando, ou que se vían algúns días. Só cambiaría o final, que acabara doutra forma.

Tamén me gustou cando ía Eduardo e Paula pola rúa ás 4 da mañá, e a Paula lle acordou a táboa de surf, e quixo ir á tenda do Hanif (o seu profesor de surf) a comprala. Eduardo cabreouse e díxolle que non eran horas para ir comprala pero ela coma sempre non lle fixo caso e comprouna, pero claro quería ir ás 4 da mañaáa praia para estreala, e Eduardo aínda se enfadou máis con ela porque quería levar a táboa na moto, e finalmente púxose a facer surf as tantas da noite.

O tema pareceume moi interesante e entretido.

Lydia Rey Varela (3º ESO)

2 comentarios:

Unknown dixo...

Estouche moi agradecido por ler o meu libro e por comentalo con tanta xenerosidade.
apertas
Jaureguizar

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Quedousenos agochado o teu agradecemento ata hoxe. Farémosllo chegar a Lydia !! Gracias por comentar !!