Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 12 de junio de 2017

Atrapad*s pola lectura


Andel de Libros (LI): A lagarada, de Ramón Otero Pedrayo



O momento do libro de Ramón Otero Pedrayo que máis me gustou foi que Delmiro tramara un plan para se librar do Señor Vences. Todo isto por amor a unha criada da casa, Basilisa, para poder estar xuntos. Penso que o momento da obra que menos me gustou foi a morte de Señor Vences. Por unha parte comprendo que decidiran sacalo de diante, xa que o vello non lle quería pasar ningún diñeiro. Pero tamén podían ter esperado algún tempo máis, xa que o Señor Vences xa ía bastante maior, e podían agardar ó seu falecemento, para conseguir o que en realidade querían del, os seus cartos.

Tamén houbo outro momento do libro que non me gustou moito, foi que Delmiro e Basilisa se separasen e que cada un collese un camiño diferente. Pois eu penso que facían unha moi boa parella e podían continuar xuntos, a pesar das súas pequenas diferenzas. Outro momento da obra que non me gustou moito foi que a Señora Bubela lle botase a culpa da morte do Señor Vences ao arqueólogo, xa que el non tivo nada que ver con ese acontecemento. A pesar de que fose escavar ao monte do Medelo. 

Da parte dos personaxes non sei moi ben a cales elixir como os mellores,pois moitos deles teñen moitas diferenzas que se ven a simple vista. Aínda así elixiría a Delmiro e a Basilisa, polo feito de que se criaron xuntos e porque formaron unha moi boa amizade, pero todos sabíamos que había algo máis. Penso que todos os personaxes en si, son medianamente bos , pero para o peor sería o Señor Vences. Pois penso que se fose mellor persoa, non lle terían feito o que lle fixeron, xa que quería as cousas así e tiñan que ser desa maneira, senón xa non lle valían. Gustaríame saber que foi de Basilisa e de Delmiro, pois cada un toma o seu propio camiño e non se sabe nada máis deles. 

O vocabulario deste libro paréceme adecuado para a época na que o autor o escribiu. Se había algunha palabra que non se entendía moito, podíase sacar facilmente polo contexto. 

Este libro non me convenceu moito, xa que esperábame algo máis del. Pero aínda así eu recomendaría esta obra de teatro á xente que lle guste ler, porque lle pode gustar a algunha persoa.

Nerea González López (4º ESO)

Gustoume moito este libro porque mantén a intriga ata o final. A parte que máis me gustou de toda a obra foi cando o arqueólogo entra no velorio e a Bubela o acusa de matar ao seu home ,xa que me pareceu un dos momentos do libro que máis emoción tiña. Pola contra, non me gustou o momento no que o señor Vences lle di ao arqueólogo que non lle deixa investigar nas súas terras e ademais menospreza a súa muller, pareceume moi egoísta por a súa parte. 

Non cambiaría a parte na que ao final de todo (cando Delmiro e Basilisa están na estación listos para marchar e Basilisa lle di que o quere e que quere marchar con el para onde sexa que vai pero Delmiro dille que non) porque non me parecería xusto que lle perdoara todos os desprezos que Basilisa lle fixera, pero tamén me parece que é un final triste para eles dous.

Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle guste o drama.

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)


Andel de Libros (L): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira



O libro pareceume moi interesante porque ten moi poucas páxinas, é unha historia moi usada e pode parecer sinxelo pola apariencia pero ao lelo consegue meter moitos personaxes sen que o lector se perda. Tamén consegue facer a historia entretida sen que ocorran moitos feitos. 

O que máis me gustou foi que a autora describise moito e sempre se para moito con cada un dos personaxes sen que a historia se quedara aburrida ou pesada.    

Ten un desenvolvemento lento pero adecuado xa que ocorren moi poucos feitos e se fora rápida quedaría moi curta. O momento máis importante pareceume a primeira vez na que se fala do lobo e da súa vida porque así pódese saber algo do outro lado da historia. O final é adecuado pero para o meu gusto un pouco aburrido porque podería acabar dun xeito máis orixinal. 

Recoméndolle este libro a persoas de calquera idade e especialmente a novas e novos lectores porque ten unha linguaxe moi doada.


Alba López González (3º ESO)

Andel de Libros (XLIX): A sorte de espertar, de Xabier Alcalde



A historia pareceume moi simple o que fixo que o libro non me gustara moito, para o meu gusto tamén ten un exceso de descrición e de lentitude nos feitos, é dicir, na maior parte da historia o  autor describe o tempo, os pensamentos, as paisaxes... pero non pasan cousas interesantes e cando pasa unha que o é dedícalle moi  pouco tempo. 

O que máis me gustou é que o narrador é omnisciente e sabe en todo momento o que pensan os personaxes aínda que en exceso pode ser negativo. 

Ten unha linguaxe moi complexa para persoas da miña idade, para a miña idea o narrador podería adicarse a escribir poemas porque usa moito a metáfora e iso a un poema quédalle moi ben xa que é un trazo característico del pero que en narración pode chegar a facer a historia moi pesada. 

Ten un final apropiado pero tamén sinxelo e os personaxes son moi interesantes, con eles poderíase facer unha historia máis interesante.

Alba López González (3º ESO)

Andel de Libros (XLVIII): A boca do monte, de Celia Díaz Núnez



O momento máis importante da historia é cando o emperador aproba a proposta da desviación do río de Caio Cornelio.

O tema é o dominio dos romanos sobre as persoas. O libro reflicte moi ben como as persoas estaban sometidas totalmente aos soldados romanos, facer o que eles lles pedían e darlles de comer mentres estaban alí. O libro reflicte tamén moi ben a avaricia e o desexo dos romanos por ter ouro e conseguilo por encima de todo.

No desenvolvemento da historia tivo moita importancia a morte de Carisio, xa que foi moi doída por todo o pobo, porque era o xefe da aldea. No final non se di se Caio Cornelio casa coa súa amada e déixano moi aberto.

Creo que os personaxes son planos, pois teñen a mesma idea e forma de pensar ao comezo e ao final da historia.

Recomendaríalle este libro as persoas que lle gusten os relatos sobre romanos.


Daniel Varela Bello (3º ESO)

Andel de Libros (XLVII): Sangue 12. Cris Pavón



Gustoume moito pero creo que é bastante longo para o que quere transmitir, gustoume porque fai unha mestura de fantasía, porque Vanesa é unha vampira, e da realidade, polo amor de dúas rapazas, e por falar do amor lésbico que é un tema que a xente debe respectar e aceptar na sociedade na que estamos. 

O personaxe que máis me gustou foi Anthony, o pai de Vanesa, non é un personaxe que apareza pero polo que falaba Vanesa del pareceume unha gran persoa e que sempre estivo ao lado dos seus fillos para axudarlles e aprenderlles todo o que el sabia e máis. 

O que máis me gustou é o tema do amor lésbico e como se querían Nanda e Vanesa a pesar das súas diferenzas e de saber que Vanesa era unha vampira. O momento que máis me gustou foi cando Vanesa lle conta a Nanda a historia da súa vida e do que sufriu pola morte de seu irmán e de seu pai. 

Recoméndolle a lectura a todos os públicos porque me parece un tema do que debería saber todo o mundo.

Nerea Rodríguez Deus (3º ESO)