Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 7 de junio de 2017

Andel de Libros (XLV): S. O. S., de Pepe Carballude



O momento máis importante para min foi cando manda sacar os bidóns tóxicos xa que fai que todo volva á  normalidade. Outro dos momentos máis importante, na miña opinión, é cando decide marchar con Eva fai que se poida falar moito máis da historia. 

É un tema interesante, xa que fala dunha historia real, a cal dá moito de que falar. 

Non me convence o desenvolvemento xa que mestura dúas historias. É un bo final, pero é moi triste, eu poñería un máis alegre, sen que morrera ninguén.

Os personaxes están ben elixidos, xa que cada un ten unha personalidade.

A lingua é bastante fácil, algunha palabra non a sabía pero enténdese polo contexto. 

O libro recomendaríallo a peroas ás que lle gusten as historias realistas e algo de aventuras: realistas, porque foi algo que pasou e que pode pasar na realidade; e de aventuras porque nalgunhas partes da historia vívense momentos de aventura, por exemplo cando marchan os dous para a cova.

Óscar Iglesias Domínguez (3º ESO)

Esta novela gustoume moito pois fala dun suceso que aconteceu na realidade e moi preto de min, pois aconteceu na Costa da Morte, aquí na nosa Galiza. 

É unha novela que ademais de ser, dunha maneira, “informativa” pois tamén che fai pensar sobre todos os sucesos que pasan no mundo e que case non lle damos importancia, pero que cando ocorren cerca túa si que lle damos importancia, isto non debería ser así, todos deberiamos preocuparnos uns polos outros para conseguir un mundo mellor. 

Gustoume moito a maneira de escribir de Pepe Carballude, fai moi fluída e fácil de ler a historia. O que non me gustou tanto foi o final, porque durante toda a historia xa hai sufrimento por distintos sucesos que acontecen, entón a morte de Rafa ao final véxoa totalmente innecesaria, preferiría que seguira con vida para que xunto a Eva seguiran loitando polo medio ambiente. 

Recoméndolle este tipo de historias a xente que coma min lle gusten aquelas que narran sucesos que aconteceron, ou lle agraden as novelas de amor.

Iván Rivas Suárez (3º ESO)

Para min o momento máis importante da historia foi cando a policía os encontra e os manda para a comisaría e chaman a seus pais, pareceume o momento máis importante porque estaban desobedecendo a seus pais, e estaban incumprindo as normas, por iso me pareceu o momento máis importante.

Os personaxes estaban bastante traballados pero o contido deste relato para o meu gusto non estaba tan ben traballado como os personaxes.

O vocabulario non foi moi difícil sacando algunha palabra polo medio que costaba bastante entender.

A min este libro non me gustou moito, non me entreteu e pareceume moi aburrido na miña opinión. Ó parecerme aburrido fixo que me costara máis lelo. Na miña opinión este libro non llo aconsellaría a ninguén, creo que esta historia é para un público de máis idade e que lle gusten este tipo de relatos. Tamén llo aconsello á xente que lle guste este tipo de historias. 

Brais Pena Baluja (3º ESO)

Andel de Libros (XLIV): Todo o peso do ceo, de Xosé Manuel Martinez Oca



O  tema  pareceume  moi  interesante e divertido porque se conta moitas historias, dende a infancia dun neno, que a vida non é todo cor de rosa e pasalo ben, pois fala das dificultades que pasou cando un ten que traballar moito e despois ten que marchar da túa terra natal onde se criou e medrou porque non había traballo de ningún estilo. 

Non cambiaría nada do tema porque me pareceu moi interesante e fácil de ler. Sara e Manuel son os personaxes que mais me gustaron sobre todo Sara por adoptar o neno orfo, pois foi unha acción moi solidaria pola súa parte por acoller a ese pobre neno sen pais. O que menos me gustou do libro foi que o alcalde matara a Manuel e violara a súa sobriña Visitación porque se volvera tolo. 

Recomendo este libro e lectores xuvenís porque para infantís paréceme algo difícil de entender, sobre todo para nenos e nenas de menos de doce anos. Recoméndovolo. 


Martin Castro Señaris (3º ESO)

Andel de Libros (XLIII): Robinson contado polas alimarias, de Marilar Aleixandre



Para min o momento máis importante desta novela foi cando Robinson salvou a Venres a tempo porque ía a ser executado e dende ese mesmo momento os dous comezaron a ter unha moi boa relación. 

Sobre os personaxes os dous que máis me gustaron foron Robinson que axuda a Venres e logo esta Xury no que axuda a Robinson a escapar de Marrocos nun barco roubado.

De se lle facer algún cambio, eu en verdade se fose Marilar Aleixandre só faría un único cambio que é o da sorte de Venres porque ía a ser executado, logo polo resto, non faría ningún máis xa que está moi ben redactado. 

Con respecto á a lingua non hai ningunha queixa xa que se pode entender perfectamente penso eu.

Eu como lector desta novela recomendaríalla a persoas ás que lles gusten os temas de aventuras e tamén se hai algún que é moi fan dos piratas pois tamén, xa que nesta novela aparecen algúns.

Alejandro Vásquez Fernández (3º ESO)


A min decepcionoume bastante pois pensei que ía falar máis dos animais, por iso ó principio resultoume aburrido mais ó aparecer Venres ,xa me gustou máis, pois sacaba a Robinson da súa rutina. Ás veces non o conseguía, pois cando lle explicou que era mellor andar espidos Robinson non facía caso e seguía vestido e cheo de bechos.

E os contos da sapa paréceme que están fóra de lugar. Polo menos eu non os entendo moi ben, porque en vez de contar como se formou o mundo contaría algo máis emocionante para enganchar o lector, como cousas sobre animais, por exemplo porque os cucos poñen os seus ovos noutros niños, porque cambian de cor os polbos, porque as avestruces e as cabras se fan compaña ...

O momento que máis me gustou foi cando Robinson dixo unha palabra no idioma da illa e os respectivos habitantes o tomaron como que xa pertencía á illa.

Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)

Andel de Libros (XLII): O bufón d´El Rei, de Vicente Risco



O momento máis interesante do libro paréceme que foi cando Ortuda lle conta ao bufón que Guindamor era o seu irmán (e que polo tanto case o matou el), xa que é un momento con moito sentimento e emoción. 

O tema pareceume moi interesante e emocionante, xa que as infidelidades sempre son algo moi complicado, pero penso que aínda o fixo máis interesante o feito de que o bufón fora irmán de Guindamor. 

Non faría ningún cambio no desenvolvemento porque pareceume moi bo o da sorpresa do irmán. O único que cambiaría en todo o libro sería o feito de que Gindamor lle perdoase tan facilmente a seu irmán, e que morrera sen saber que o Bufón era seu irmán.

Na miña opinión non ten un vocabulario moi difícil de entender, xa que aínda que está baseado na época dos reis e os castelos a maioría do vocabulario é coma o da nosa época. 

Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros de cabaleiros cunha parte de drama, xa que drama é unha cousa da cal neste libro hai de abondo.

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)