Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 1 de junio de 2017

Andel de Libros (XXXVI): Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala


Comedia Bífida. Manuel Núñez Singala. Galaxia

É o primeiro libro de teatro de galego que leo e pareceume unha boa obra, gustoume que tratara o xuízo final dunha forma cómica. Tamén me gustou ler teatro, é moito máis sinxelo e rápido de ler. Ademais, é moi importante que trate o tema dos falantes do galego, xa que é unha realidade que a xente pense este idioma non serve para nada. 

A obra presenta moitas escenas que pasan na realidade, por exemplo, o caso de Diña; hai moitas nais, que, como ela, falan en galego perfectamente pero fálanlle castelán aos seus fillos.

A miña escena favorita é a de Lina e Lena, parecéronme moi divertidas e tamén está presente a rivalidade que hai entre Vigo e A Coruña. Tamén, mediante os equipos de fútbol representou a rivalidade entre o galego e castelán, ou a min pareceume desa forma, pois as dúas teñen preferencia polos principais equipos galegos, Lina polo Celta e Lena polo Deportivo, nembargantes, Lina é do Barcelona e Lena do Real Madrid.

Por suposto que o recomendaría porque é un libro moi fácil de ler, cun vocabulario bastante coloquial e sinxelo.


Nerea Portos Balsa (4º ESO)

A min este libro gustoume bastante porque é un libro fácil de entender que non ten vocabulario nin expresións complicadas.

E ao ser un libro de teatro lese mais rápido e non se fai pesado, tamén me gustou porque o seu tema principal que é como habendo dúas linguas en Galicia como son o galego e o castelán que o galego se estea perdendo porque moita da xente fale castelán. É un tema moi importante que afecta a todos os galegos e galegas. E aínda que a moita xente isto lle pareza moi aburrido o libro lese moi fácil e rápido porque este tema está contado desde un punto de vista cómico.

Tamén expón as causas da xente para pasar a falar castelán en vez de o galego como poden ser para parecer máis culto ou porque os compañeiros do traballo ou do colexio tamén falen castelán.

Este libro recomendaríallo sobre todo a xente galega porque o tema do libro aféctanos a todos os galegos e galegas, e como está escrito dende un punto de vista cómico  para toda a xente de calquera idade.

José Luís Mirás Otero (4º ESO)

O momento máis importante do libro a min paréceme que foi o principio cando presentan todo porque se non sabes iso logo non se entende nada da historia. O tema é interesante posto que vai de opinións e cada un pode ter a súa e non teñen que ser as de todos igual. 

Ten moitos personaxes pero ten tres principais, un que é un pouco parvo, outra que é vampiresa e o outro foi o que máis me gustou a min posto que me pareceu o máis divertido. Faría o cambio de que a última persoas que entra ao xuízo non fose tan pesada e así non a tivesen que expulsar do xuízo. 

O final que ten non mo esperaba para nada desa maneira aínda que eu non sabería poñerlle un desenlace totalmente distinto posto que é difícil de poñerlle un bo final a este libro. 

A lingua que se emprega neste libro pareceume sinxela de entender, non usa palabras cultas polo tanto enténdese todo perfectamente. 

O libro gustoume moito sobre todo porque me foi entretido de ler e moi divertido.

Antía Iglesias Iglesias (4º ESO)

Andel de Libros (XXXIV): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño



O libro gustoume pero esperaba máis del. Sobre todo polo final, non me gustou o final, xa que Esther non fixo ben en botalos da casa, pode que eles non estiveran sempre con ela pero sempre estaban cando máis os necesitou, e tamén estaban alí porque estaban preocupados por ela non porque se quixesen rir dela segundo a súa argumentación. 

Despois do primeiro flashback, cando estaban os tres na casa de Esther, non entendía moi ben o que pasaba, ata máis adiante que empezou a ter un pouco máis de sentido aínda que no resto do libro non tivera moito tampouco, paréceme que lle dá moita importancia a cousas que non teñen, por exemplo cando Moncho e Iago discutían, que foi unha parte que na miña opinión, sobraba. 

O momento máis importante creo que foi cando eles tres lle piden a ela que se quede, que eles non a van deixar soa, demostrándolle que a eles si que lles importa o que lle pase.

Laura Martínez Calvo (4º ESO)

A min a parte que me pareceu máis importante foi o final xa que fai como se fose tráxico, isto débese a que Esther volve recordar as voces de cando eran nenos cousa que xa lle pasara no comezo do libro. 

A parte que mais me gustou foi o final, cando os rapaces din o que queren ser de maiores. O libro pareceume interesante só que houbo moitas partes del que non cheguei a entender. Sinceramente non houbo ningunha parte do libro que non me gustase só que non as entendía. As palabras que emprega o libro non son difíciles de entender. 

O tema pareceume aburrido xa que a min gústanme os libros e historias que teñen mais acción e que sempre te poñen en tensión. Non houbo un personaxe que me parecese mellor ca os outros. Eu cambiaríalle o final porque e como demasiado triste. 

Este libro recomendaríallo aos rapaces que teñen unha idade parecida a miña ou que sexan algo mais maiores.

David Boo Noya (4º ESO)

Andel do Libro (XXXIII): Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal



O momento máis importante do libro para min foi cando o médico, Don Luís, xa no enterro de Fernando lle di á súa esposa (a de Fernando) que morreu por culpa dun tumor atopado, no momento de transplante.

Pareceume un tema interesante porque fala de drogas e de crimes policiais. Tamén me pareceu realista porque o autor emprega un vocabulario propio do día a día da xente.

A historia trata de dous personaxes protagonistas, Fernando e Pantaleón, que están falando na sala dun hospital, pero eu considero que o autor lle dá máis importancia ao personaxe de Fernando, posto que moita parte da historia pásaa falando da súa vida.

Eu cambiaría o momento no que explica Clemente fabricaba a dose de heroína, considero  que ese momento sobraba.

O final pareceume axeitado e á vez sorprendente, polo do tumor.

Eu recomendaríalle Limpeza de sangue a alumnado de 1º e 2º de bacharelato, xa que considero que trata temas de adultos e emprega palabras bastante fortes. Non lle recomendaría este libro a alumnado por exemplo de 2º ou 3º de ESO posto que por exemplo, nun momento da historia explica como un dos personaxes se fabrica unha dose de heroína.

Marcos García López (4º ESO)

A verdade é que xa os teño lido mellores pero ben, é entretido e cando o estás lendo, chama por ti porque engánchate e queres saber  como segue. 

Tamén teño que dicir que a min non me convencen moito estas historias, na que por exemplo sucede nesta, de persoas que se coñecen no medio do Hospital, pero ben, o certo é que nunca sabes onde vas encontrar o teu mellor amigo ou a túa mellor amiga, ou incluso o amor da túa vida. 

Algo que cambiaría  sería a situación na que se coñeceron os dous protagonistas e tamén a morte de Fernando, porque non me gusta que case todas as obras acaben cun final tráxico como nesta co pasamento dun protagonista.

Si, recomendaríallo a quen lle gusten estes tipos de libros. Non é que me gustase moito, pero si é certo que está ben traballado, vocabulario faciliño de ler e non ten complicidade ningunha. É propio para ler rapazas e rapaces da nosa idade. 

Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)