Pareceume un ha obra moi interesante a pesar de ser o primeiro libro de teatro que leo en galego, o
único inconveniente é que ao non estar acostumado a ler este tipo de libros
fíxoseme complicada de entender a historia pero tamén é máis levadeiro debido á facilidade de lectura das súas expresións.
O máis importante na miña opinión foi cando Guzmán e Rosa veñen de facer a compra debido a que nesa situación dáste
conta do acoso que sofre Rosa por parte de Guzmán.
Tamén me gustou o final
porque Delio dálle xustiza a Rosa matando a Guzmán, o cal morre debido a un
disparo de pistola asistido por Delio.
Cambiaría sobre todo a separación das
escenas xa que moitas veces non te dás conta de cando están na realidade ou no
seu traballo de actores e isto pode confundir aos lectores que coma min non están
acostumados ao teatro.
Martín González Castro (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario