Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 12 de xuño de 2017

Andel de Libros (LI): A lagarada, de Ramón Otero Pedrayo



O momento do libro de Ramón Otero Pedrayo que máis me gustou foi que Delmiro tramara un plan para se librar do Señor Vences. Todo isto por amor a unha criada da casa, Basilisa, para poder estar xuntos. Penso que o momento da obra que menos me gustou foi a morte de Señor Vences. Por unha parte comprendo que decidiran sacalo de diante, xa que o vello non lle quería pasar ningún diñeiro. Pero tamén podían ter esperado algún tempo máis, xa que o Señor Vences xa ía bastante maior, e podían agardar ó seu falecemento, para conseguir o que en realidade querían del, os seus cartos.

Tamén houbo outro momento do libro que non me gustou moito, foi que Delmiro e Basilisa se separasen e que cada un collese un camiño diferente. Pois eu penso que facían unha moi boa parella e podían continuar xuntos, a pesar das súas pequenas diferenzas. Outro momento da obra que non me gustou moito foi que a Señora Bubela lle botase a culpa da morte do Señor Vences ao arqueólogo, xa que el non tivo nada que ver con ese acontecemento. A pesar de que fose escavar ao monte do Medelo. 

Da parte dos personaxes non sei moi ben a cales elixir como os mellores,pois moitos deles teñen moitas diferenzas que se ven a simple vista. Aínda así elixiría a Delmiro e a Basilisa, polo feito de que se criaron xuntos e porque formaron unha moi boa amizade, pero todos sabíamos que había algo máis. Penso que todos os personaxes en si, son medianamente bos , pero para o peor sería o Señor Vences. Pois penso que se fose mellor persoa, non lle terían feito o que lle fixeron, xa que quería as cousas así e tiñan que ser desa maneira, senón xa non lle valían. Gustaríame saber que foi de Basilisa e de Delmiro, pois cada un toma o seu propio camiño e non se sabe nada máis deles. 

O vocabulario deste libro paréceme adecuado para a época na que o autor o escribiu. Se había algunha palabra que non se entendía moito, podíase sacar facilmente polo contexto. 

Este libro non me convenceu moito, xa que esperábame algo máis del. Pero aínda así eu recomendaría esta obra de teatro á xente que lle guste ler, porque lle pode gustar a algunha persoa.

Nerea González López (4º ESO)

Gustoume moito este libro porque mantén a intriga ata o final. A parte que máis me gustou de toda a obra foi cando o arqueólogo entra no velorio e a Bubela o acusa de matar ao seu home ,xa que me pareceu un dos momentos do libro que máis emoción tiña. Pola contra, non me gustou o momento no que o señor Vences lle di ao arqueólogo que non lle deixa investigar nas súas terras e ademais menospreza a súa muller, pareceume moi egoísta por a súa parte. 

Non cambiaría a parte na que ao final de todo (cando Delmiro e Basilisa están na estación listos para marchar e Basilisa lle di que o quere e que quere marchar con el para onde sexa que vai pero Delmiro dille que non) porque non me parecería xusto que lle perdoara todos os desprezos que Basilisa lle fixera, pero tamén me parece que é un final triste para eles dous.

Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle guste o drama.

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)


Ningún comentario: