Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 12 de xuño de 2017

Andel de Libros (L): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira



O libro pareceume moi interesante porque ten moi poucas páxinas, é unha historia moi usada e pode parecer sinxelo pola apariencia pero ao lelo consegue meter moitos personaxes sen que o lector se perda. Tamén consegue facer a historia entretida sen que ocorran moitos feitos. 

O que máis me gustou foi que a autora describise moito e sempre se para moito con cada un dos personaxes sen que a historia se quedara aburrida ou pesada.    

Ten un desenvolvemento lento pero adecuado xa que ocorren moi poucos feitos e se fora rápida quedaría moi curta. O momento máis importante pareceume a primeira vez na que se fala do lobo e da súa vida porque así pódese saber algo do outro lado da historia. O final é adecuado pero para o meu gusto un pouco aburrido porque podería acabar dun xeito máis orixinal. 

Recoméndolle este libro a persoas de calquera idade e especialmente a novas e novos lectores porque ten unha linguaxe moi doada.


Alba López González (3º ESO)

Ningún comentario: