Está claro que é
un dos grandes libros da nosa literatura. O autor consegue crear unha atmosfera
que se compenetra coa personalidade do mago Merlín.
O meu momento
favorito é a cervatiña. Paréceme tan fermosa a maneira que ten Cunqueiro de
describir ao pobre animaliño. Tamén me gusta cando Felipe aloumiña a criatura
mentres á mira aos ollos.
É verdade que a
maneira na que está narrada é un pouco enredante. E tamén cabe dicir que é un
galego un tanto diferente ao actual, pero salvo algunhas palabras, creo que se
pode entender ben.
Se tivera que
elixir un personaxe favorito, seguramente sería Felipe. É admirable o traballo
que ten o rapaz coa pouca idade que ten. Admiro que non se queixe polo que teña
que facer. Seguro que ese rapaz, se fose na actualidade, estaría queixándose
todo do día polo traballo. Tamén me gusta o personaxe de Merlín, pero seguro
que me gustaría máis o libro se o narrara el.
Teño que
confesar, que a primeira vez que o lin, non me enterei de moito. Logo decateime
de que o estaba a ler coma se fose un escrito neste ano. Foi cando o lin por
segunda vez, poñendo atención onde antes non o fixera.
A dificultade do
libro, quitando o galego de Cunqueiro, é a cantidade de personaxes que aparecen
no libro. Hai moitos nomes e é moi doado enredarte con eles, polo que eu ao
principio, non me enteraba de quen era quen.
Sorprendeume que
o nome do rapaz aparecese máis atrás ca o do resto de personaxes, cando é el
quen narra todo. Pilloume nun renuncio Cunqueiro.
En conclusión, o
libro é incrible. E por ese motivo penso que sería bo para adultos. Non llo
recomendo a ninguén da miña idade, non creo que o entenda e valore. Recoméndollo aos
adultos.
Veña, a ler!
Irene Noya
González (4º ESO)