Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 1 de decembro de 2016

Un relato de medo: “A voz”, por Lucía Viqueira García


A VOZ
Espertei nun zulo ás escuras, non recordaba nada do que me pasara a noite anterior, só de que un home se acercara a min polas costas e me levara adormecida. Estaba aínda algo aturulada pois o efecto do cloroformo non me pasara de todo, ou polo menos iso é o que pensaba eu, que co que me adormeceran era cloroformo. Non entendía porque estaba nese lugar tan afastado do mundo, por dicir dalgunha forma que estaba lonxe da casa ou polo menos parecíamo, tampouco entendía que querían de min, esperaba sabelo pronto.

De súpeto acéndese unha pequena luz, non daba moito que ver, pero o pouco que puiden ollar era un zulo no que eu estaba metida sen ter porqué. O zulo non tiña ventás, só unha pequena porta que parecía estar tapiada, non vía a maneira de cómo ía saír de aí e como ia a sobrevivir se non tiña comida nin bebida ningunha.

Pasou un dia máis, eu estaba media esperta cando de pronto oio unha voz que me di: Preguntaraste porque estás aquí? Ben, estás aquí por ser unha rapaza que anda nas drogas e por iso serás castigada… Se queres saír de aquí só terás que cumprir o que eu che diga. O primeiro que tes que facer é moi doado, só te tes que cortar un dedo. Ao teu lado tes o material preciso para facer iso e tamén para despois curalo e así non te desangrar. Así que fagas iso volverei contactar contigo.

De súpeto a voz calou, eu non daba crédito ao que escoitara, só me drogara dúas ou tres veces. Estaba morta de medo pero se quería saír de aí con vida teríao que facer… Ao lado tiña unha mesa cunha coitela para cortar o dedo e unhas vendas para despois, o dedo que cortei foi o maimiño xa que ese non se usa para moito. No momento en que o fixen sentín unha dor interminable pero pensando en que ía saír de aí: Non era para tanto. Logo de facelo cureime e deixei o dedo encima da mesa en onde estaba o material.

Pasaron as horas e eu non saia de aí, xa non sabia que facer. Ao dia seguinte a voz volveu e díxome o seguinte: Agora só falta a parte máis dura para ti. Ti decides se queres seguir viva ou morrer. Para seguir viva terás que cortar unha man, arrincar un ollo e cortar un pé. A outra solución que tes e que te pegues un tiro coa pistola que hai encima da mesa xunto coa serra e o coitelo. Ti decides se queres seguir vivindo pero como unha desgraciada ou morrer e que esta tortura se acabe para sempre.

Non tiña escapatoria, ia morrer das dúas formas, por unha parte se facía todo o que me mandaba ía morrer desangrada e sería máis doloroso entón…a idea do tiro pois non estaría tan mal así que é o que fixen, collín a pistola e sen pensalo dúas veces pegueime un tiro na fronte.

Semanas despois atoparon o meu corpo descomposto, non lle deron moita importancia á miña morte porque era unha rapaza apartada do mundo…

Agora son unha alma en pena que anda vagando por aí sentindo a dor de cada corte que me dei para cortar ese dedo, desa bala que me atravesou a fronte…

Lucía Viqueira García (3º ESO)

Andel de Libros (VII): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz



Pareceume un bo título xa que só che conta algo do que pasa na historia que é que non para de nevar, e iso dálle máis intriga ao libro que é o que se quere, que non cho conten todo coa portada e o título. 

Para min o momento máis importante foi cando atoparon a carta debaixo da mesiña de noite da habitación dun dos personaxes, porque lle dá ese toque de emoción que lle faltaba á historia o que fai que che veña a intriga do que vai pasar despois (se os matan como na carta ou se sobreviven). É un bo final pero eu penso que lle quedaría mellor un do estilo do meu con máis emoción para que así o libro fora máis atractivo nese sentido. 

Os personaxes podían ter as vidas máis interesantes ou alo así, porque nese aspecto tampouco é que vaian moi sobrados, pero están ben. 

A lingua é bastante fácil, agás algunas palabras, pero enténdese ben. É un libro que se le moi rápido e é fácil de resumir.

Óscar Iglesias Domínguez (3º ESO)


O momento máis importante foi cando descubriron a carta da muller que mataron, xa que se non a atoparan,  non sospeitarían que os donos do Hotel eran pantasmas, senón que sería una historia normal duns guionistas que quedaron atrapados nunha forte nevarada.

O tema do que trata é de medo e tamén de misterio, tanto como na historia principal como nos relatos que contan os personaxes.

Un cambio que eu faría sería engadir outra historia xa que Alba non contou a súa. Podería tratar do quecemento global, como dixera Sabine a dona do hotel. Porque dicía que o que nos tiña que dar medo de verdade non eran nin os vampiros nin os pantasmas, senón o quecemento global.

Na miña opinión os relatos de cada un dos personaxes estaban baseados nos seus medos, nos que tiveran de pequenos.

O que non me gustou do libro foi o final do libro porque acaba dunha maneira moi rara e pouco emocionante.

A linguaxe foi sinxela e as palabras algo complicadas entendíanse claramente polo contexto.

Daniel Varela Bello (3º ESO)

A min este foi un libro que me gustou moito, foi moi entretido, ademais foi fácil de ler aínda que había algunha palabra difícil polo medio. 

O momento máis importante da historia para min foi cando Abraham saca a pistola e cita uns fragmentos dun poema, e Alba di que ata que se acabe a vida na Terra a neve non cesara.  

Os personaxes gustáronme moito xa que estaban ben planeados polo autor desta obra. O personaxe que máis me gustou foi Abraham porque non participa moito na historia pero cando aparece no relato di cousas interesantes.

Pareceume un dos mellores libros que lin na miña vida, enganchoume rapidamente e en cuestión de dous dias acabeino. Eu na miña opinión recomendo este libro, porque é unha historia moi bonita e mesmo no libro contan a historia de como empeza e polo medio os protagonistas contan historias que inventan eles para pasar o tempo, por iso me gustou tanto.

Brais Pena Baluja (3º ESO)

Andel de Libros (VI): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas



Este libro de relatos é moi entretido. Os relatos son curtos, o que fai que a lectura sexa máis rápida e doada ca outros libros de relatos que teño visto en moitas bibliotecas.

Non me soen gustar os libros de relatos, pero este gustoume bastante. Ten relatos cunha pinga dramática, que penso que queda moi ben e que vai acorde coa mentalidade de hoxe en día.

O meu relato favorito é “Un saxo na néboa” xa que a historia que conta é moi inspiradora, é dicir, sacou a un rapaz dunha obra para metelo no mundo da música. Penso que é unha historia moi fermosa e que podería pasar na realidade.

O vocabulario non é moi difícil e mesmo o autor fai uso de palabras do cotián ou de palabras que o semellan. A forma de narrar de Manuel Rivas é moi doada de entender e seguir, polo menos neste libro de relatos.

Recoméndolle este libro a aquelas persoas ás que lles guste unha pinga dramática na súa lectura. Seguro que vos gusta!

Irene Noya González (4º ESO)

En xeral, gustáronme a maioría dos relatos do libro aínda que algúns, como o primeiro, non o fixeron porque ao principio non entendía moi ben o que estaba a pasar, ou “A leiteira de Vermeer”, que o tiven que ler dúas veces xa que me perdín e non me enterei ben do que aconteceu nesta historia.

Tamén me gusta que sexa un libro que trate sobre o amor pero de diferente maneira. A maioría dos libros que falan deste sentimento sempre teñen como personaxes principais a unha parella namorada. Non obstante, as historias deste libro non só se limitan a iso, a parte que trata outros temas diferentes.

Sen dúbida ningunha, o meu relato preferido foi “Vostedes serán moi felices", polo feito de que, cara ao final tocaba un pouco o misterio: nos momentos en que Andrés bota as cartas e no remate, incluso parece un pouco sinistro, ao meu parecer. Non estaría mal que fose un pouco máis longo.

Pareceume un bo libro, ademais, é moi fácil de ler porque non emprega un vocabulario moi culto, mais ben, nalgúns relatos, incluso chega a ser bastante coloquial.

Nerea Portos Balsa (4º ESO)

Pareceume un libro moi interesante, polo feito de que fala do amor pero de varios tipos del. En cada relato mostra un tipo de amor distinto, por exemplo, no primeiro relato “Que me queres, amor?” fala do amor platónico, que sería o amor imposible que sente Tino por Lola; noutro relato, “A lingua das bolboretas” fala do tipo de amor que tira á admiración, o que sente Pardal polo mestre. 

Pareceume moi fácil de ler e de entender. Aínda que lle cambiaría un pouco o dos finais, son relatos curtos si, pero deixan así como ganas de saber o que pasa despois. 

Recomendaríallo a calquera persoa que lle guste ler. Ao principio, cando lin o título pensaba que era unha novela de amor, pero non, está relacionado pero non é como me esperaba pero gustoume, e tamén que mostra que o amor non sempre é o que pensamos, cando falamos de amor pensamos directamente nese "amor" de que dúas persoas se aman e iso, pero aquí podemos ver que non só hai ese, e que é interesante saber que unha persoa pode sentir amor por outra sen ser o de amar.

Laura Martínez Calvo (4º ESO)


Para min este libro fome entretido porque trata de varios relatos e en cada un pasan cousas distintas pero o que si que cambiaría sería que os relatos se relacionaran entre si ou polo menos unha metade do libro se relacionasen os relatos entre si e na outra metade que fosen distintos de primeiras pero relacionados entre si. 

O relato que máis me gustou foi “A lingua das bolboretas” aínda que o de “Un saxo na néboa” e o de “Vostedes serán moi felices” tamén foron dos que máis me gustaron porque eran historias bonitas e tñan bos finais. 

É sinxelo de ler posto que non ten palabras que non se entendan, ten un vocabulario normal. O que si que cambiaría é o desenlace do relato de “Carmiña” porque non me gustou moito o final que ten para ser a historia que era. O resto dos relatos e finais para o meu gusto estaban bastante ben, ou a min polo menos entretivéronme ao lelos.

Eu recomendaría este libro porque é sinxelo de ler e de entender e cando o les entreteste coas historias dos diversos relatos que conta.


Antía Iglesias Iglesias (4º ESO)


O libro ao ser de relatos teño diferentes opinións de cada conto, e algúns gustáronme moito e outros pouco. Por exemplo o relato de “A lingua das bolboretas” non me gustou nada, pareceume lento e sen emoción, mentres que o conto de “Carmiña” gustoume moito, xa que os momentos nos que din que o can está mirando para eles mentres manteñen relacións sexuais paréceme cómico, aínda que o final do conto sexa bastante triste porque O’lis mata ao can. 

Case todos me gustaron aínda que algúns son difíciles de entender ao final sempre acabas entendendo de que van e o tema que tratan. 

Cambiaría a forma de expresión xa que non é moi directa e iso fai que nun principio non entendas de que vai o relato, pero polo resto é un libro bastante bo que recomendo ler. 

Ten un vocabulario bastante básico e iso é de agradecer porque moitos libros utilizan dialectalismos ou cultismos que non se entenden ben.

Martín González Castro (4º ESO)

O relato que máis me gustou foi o de “Un saxo na néboa”, pero penso que me tería gustado máis se ao final os dous mozos acabasen marchando xuntos en vez de ser só unha ilusión do rapaz, aínda que á vez penso que é un bo toque o feito de que o rapaz toque ben o saxofón por pensar na rapaza que lle gusta. 

O relato de “A luz de Yoko ” na miña opinión é moi raro, pois non coñezo a ninguén que lle poña nome a un televisor. Tamén me pareceu un pouco raro o relato de “Conga, conga” pois non me parece normal que un home adulto, por moito que os nenos o asustaran, os asuste el a eles.

Na miña opinión non ten un vocabulario moi complicado pero ás veces son un pouco difíciles de entender, xa que en varios casos deixa un final aberto.

Recomendaríalle este libro á xente que se aburra con historias moi longas e con moitos nomes de personaxes que recordar, pois este libro está dividido en historias curtas e non os ten.  

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)

O libro ¿Que me queres amor? gustoume moito aínda que algunhas das historias que contén están acabadas sen un desenlace, como se estivesen sen acabar de escribir ou cortadas no nó, o que se adoita chamar un final aberto, o cal non me gustou tanto. 

A parte que máis me gustou foi o conto “Un saxo na néboa” xa que me interesou moito a historia que conta e é un dos que máis me gustou a forma en que acaba, ademais de que está moi ben narrado. 

O que menos me gustou foi “O míster & Iron Maiden”  xa que non entendín moito de que ía nin entendín moito a idea que quere transmitir xa que se enguedella moito para contar pouca cousa.

Penso que non lle faría  ningún cambio agás o de continuar un pouco algunha historia, polo demais está perfecto. Foi fácil de entender e é bo de ler. Recoméndoo xa que pasei un bo anaco léndoo. 

Fernando José Couselo Noya (4º ESO)


O libro gustoume moito e é moi fácil de ler. Cando empezas a ler os relatos, non te enteiras de moito do que din pero ao final todas as pezas encaixan e enténdelo todo.

A min o relato que máis me gustou foi o de “Só po aí” xa que me fixo entender as preocupacións que os pais poden chegar a ter polos fillos, ao tempo que mostra o carácter  conciliador dos seus avós.

En cambio o conto da leiteira é o que menos me gustou xa que non o entendín, por outra parte hai outros contos que tampouco entendín porque pasan todo o tempo facendo descricións .

O meu personaxe que máis me gustou foi o pai no relato “Só po aí” porque se preocupa moito polo seu fillo e o que menos foi Tino porque tiña unha actitude de perdedor cara a el mesmo.

O vocabulario é moi coloquial polo que non se fai nada pesado.

Recomendaríallo aos lectores que lle gusten  os contos con varios relatos todos eles moi distintos.

Brais Bouzas Leis (4º ESO)