Gustoume
moito este libro, escollino porque fai uns anos, o alumnado de 4º
ESO de Música fixeron unha interpretación con monicreques, e
pareceume interesante ler o libro porque case sabía todo o seu
contido grazas á obra que realizaron.
Non teño parte preferida no
libro, gustoume todo, pero se tivera que escoller unha parte
preferida sería cando encontran todos os outros personaxes xa que é
bastante interesante a maneira en como os encontran. A parte que
menos me gustou foi o final xa que morren todos nun bombardeo.
Ten
como nove personaxes, pareceume moi interesante que ao comezo do
libro só aparecen dous, León e Flor, e os outros vanos encontrando
polo camiño.
En
canto ao vocabulario pareceume bastante doado de entender, pero tamén
ten algunhas palabras que non sei o seu significado, e tamén ten
algunhas palabras dialectais que non son da miña zona.
Recomendaríallo
a todas as persoas xa que é moi interesante.
Manuel
Vázquez Noya (4º ESO)