xoves, 12 de maio de 2016
Rap das Letras Galegas: "Cando fales galego, que sexa ao pé dun rego"
Velaquí o divertido Rap das Letras Galegas, "Cando fales galego, que sexa ao pé dun rego", cantado e composto polos alumnos e alumnas do IES Fonmiñá (A Pastoriza), baixo a dirección da profesora Belén Martín Franco.
E que ben soa e que ben feitiña está a letra!
Telexornal Manuel María, elaborado no CPI dos Dices (Rois)
Excelente
este informativo monográfico sobre Manuel María, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas, que foi elaborado no CPI dos Dices-Rois e que visionamos
nas aulas de Lingua e Literatura. Con formato de telexornal realizaron un percorrido ameno e didáctico pola biografía e pola obra de Manuel María, con entrevistas a escritores/as, profesores/as de literatura e músicos/as.
Os
nosos parabéns ao profesor Luís Gómez Aldegunde e ao seu alumnado do CPI dos Dices por este traballo, que vén de recibir o premio de curtametraxes “Rosalíade Castro”, que convocou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Balda de Libros (XLI): Todo o peso do ceo, de Xosé Manuel Martínez Oca
Este libro non me
gustou moito pero tampouco está tan mal. Eu penso que debería poñerlle un final
un pouco diferente.
A parte que máis me gustou foi cando empeza a saír con Amparo e bailan xuntos.
Foime un libro fácil de ler e que se le rápido e é entretido
ata o final pero penso que está como sen acabar e precisa ser continuado
falando algo máis de cando morre Manuel ou de como se sente despois de que
morre ou se lle afecta algo a Sara en lugar de falar só da festa e de que o
pasa ben e esquecerse así do que pasou sen
volver falar nada máis de temas que empezara antes como o problema co alcalde
ou falar do que fora de Visitación, que ao morrerlle o seu mozo non se sabe
nada do que pensa diso nin se o soubo que fora de Manuel.
Cambiaría o final xa que penso que non debería morrer Manuel ou polo menos debería falar algo máis de cando morre xa que dunha vez que morre cambia de tema e non volve falar máis del.
Fernando José Couselo Noya (3º ESO)
Balda de Libros (XL): Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros
O libro está ben e
gustoume bastante aínda que cambiaría algunhas cousas como o final xa que á parte de ser un pouco triste me pareceu raro e non me esperaba que acabara
así.
A parte que máis me gustou foi cando Miguel
levou a Ainhoa á praia para pedirlle perdón e dicirlle que sentía algo
por ela e que lle gustaba.
Cambiaría o final como xa dixen aínda que non
sabería moito o porque. Pareceume un final un pouco estraño e á vez bastante
triste. Eu penso que que é un final estraño xa que non me esperaba que acabara
así de triste e aínda que tamén e un pouco triste gustaríame un final algo
parecido ao que puxen eu no novo final, máis feliz.
Foi moi fácil de ler e de entender e polo resto penso que non faría
ningún cambio xa que non está mal así. Eu recomendaríao xa que me pareceu un libro
entretido, que se le bastante rápido e fácil e paseino ben léndoo.
Fernando José Couselo Noya (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)