Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 7 de abril de 2016

O Principiño festexa o seu 73 aniversario


Tal día coma onte... así que cun día de retraso, lembramos ao noso querido Principiño. Cantos e cantas de vos coñecestes a súa historia da man dos profes na escola...

A súa historia foi publicada por primeira vez hai xa 73 anos, o  6 de abril de 1943. 

Esta obra é un dos libros máis vendidos na historia, con máis de 140 millóns de copias, ademáis de que ten sido traducida a máis de 250 idiomas, pasando a ser o libro francés máis lido e traducido.


Imaxe: Facebook (Un tipo macanudo - Liniers)

Aproveitamos para presentarvos o traballo de Liniers. Se che gusta esta tira cómica, pásate pola súa páxina web http://www.porliniers.com/