Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 16 de marzo de 2016

Lembrando o Reto de lectura 2016


Lembramos o Reto de lectura de 2016 no que aquí a bibliotecaria, Paula (ex-alumna), Raquel (nai de alumno), Ana (ex-profe do centro), Ana (seguidora do blog e profe de LCL no IES de Carril, en Vilagarcía de Arousa) e Rosa (a nosa profe de Relixión) xa estamos anotadas. Alguén máis se apunta? Enviádenos un mail ou unha mensaxe de Facebook para ir actualizando a lista de participantes aquí !!

En "comentarios" podemos ir contándonos algunha das recomendacións/lecturas que imos facendo. 

Lembro o que fomos comentando ata o de agora:

Paula tiña claros algúns:

6. Libro de autora africana.
Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie.

8. Libro que tiña que ter lido.
Momo, de Micharl Ende.

12. Libro ambientado no futuro.
1984 de George Orwell.

19. Libro dun autor dun país do que non lera a ningún autor.
Algún de Jaled Hosseini, seguramente Cometas en el cielo.

2.Libro escrito en lingua cooficial. 
SPrako tranbia de Unai Elorriaga

Rosa propoñía Carol como libro para o punto número 13. Libro cuya adaptación cinematográfica llegue este año a los cines e Raquel comentou que o empezara pero lle parecía aburrido. Para o punto número 23. Un clásico de la literatura asiática Rosa tamén falaba de El dios de las pequeñas cosas, e para o punto número 16. Un libro ambientado en el futuro falaba tamén de 1984, novela á que tamén lle tiña ganas Raquel. Comentou tamén para o punto número 24. Un libro de un autor contemporáneo de tu país que ela xa leu Un perro d Alejandro Palomas e eu falei de El Silencio se mueve de Fernando Marías, que estamos a ler no club de 1º de ESO.

Eu prometo poñer a miña escolla en "comentarios" nos vindeiros días.

Falamos Rosa e máis eu que sería estupendo poder vernos nalgún momento para comentar cara a cara algunhas das lecturas. A ver se o damos conseguido !!


Traballazo audiovisual chegado dende o IES de Arzúa

Nestes Días da Muller que estamos a reflexionar sobre a Igualdade entre mulleres e homes queremos lembrar hoxe especialmente ás avoas, mullerazas bravas e traballadorísimas tantas veces non suficientemente recoñecidas. Delas fala o primeiro dos vídeo poemas que nos chega dende o IES de Arzúa. A continuación podemos ver outro vídeo poema sobre a identidade das mulleres. Finalmente, o traballo remata con datos que fan pensar, fan pensar moito. Só a lectura deses datos da para debater e reflexionar durante clases e clases. 
 Queremos felicitar ás responsables profes e alumnas responsables deste traballo do IES de Arzúa.