Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 15 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXVIII): Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro



Encántame que estea baseado en feitos reais, e tamén me chama moito a atención que sexa nos primeiros anos da guerra civil española xa que nos permite saber como eran as cousas daquela e como cambiou todo. 

En xeral paréceme todo bastante interesante, sobre todo o inxusto que era antes todo, como por exemplo por caerlle mal a alguén, podía denunciarte, se tiña máis poder ca ti e mandábante para o cárcere ou matábante.

A min gustóume bantante o que libro xa que deste tema non lin moito e en Agosto do 36 define perfectamente o duros que eran eses tempos e fixome recordar as historias da miña bisavoa que me contaba o que lle pasou nesa época.

Paréceme moi fácil de ler pero algo difícil de entender, xa que hai veces que non se explica de todo ben. Recoméndolle este libro para xente da miña idade xa que non é pesado e fala dun tema moi interesante para a xente de 15/16 anos.


Iván Rodríguez Paredes (4º ESO)