Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXVII): Eu e os meus colegas, de Aidan Macfarlane e Ann McPherson



Para min o momento máis importante da historia foi cando o profesor de Química morre e fai que os seus alumnos se sintan moi preto das consecuencias da sida e ademais o momento que máis me gustou foi cando montaron unha festa de fin de curso. 

Se fose o autor deste libro faríalle alguns cambios como por exemplo que Tony non fora tan adicto á heroína e tamén que en vez de estar tomando drogas e meténdolle man ás rapazas pois que fose un rapaz educado, que fose unha mellor persoa e que lle invitara a sair ao cine a alguna das rapazas da súa clase e tamén que en vez de facer unha festa o mellor que puidesen facer na escola era un minuto de silencio pola morte do profesor de Química. 

Este libro non me pareceu tan difícil de ler e ademais pola miña parte recomendaríallo a persoas que lle gustase ler historias sobre a droga, sexo, saúde, a sida ou tamén sen esquecerse da festa.

Alejandro Vásquez Fernández (3º ESO)

Balda de Libros (XXXVI): A morriña das balas, de Xosé Díaz Díaz


A morriña das balasXosé Díaz Díaz. Xerais

O momento máis importante para min desta historia foi cando John Ribera está camiñando polo deserto cunha bala atravesada nas costelas pero despois tivo sorte e encontrou un pobo onde alí había un médico e lle lograron sacar a bala da costela.

Tamén houbo outra parte da historia que me gustou e foi cando Jonh Ribera e Susan se encontran despois con Samuel Flanagan que é o xefe dos delincuentes co cal se ían enfrontar eles dous, e o que me impresionou foi cando viñeron uns indios para axudar aos dous personaxes e grazas a eles gañáronlle a Samuel Flanagan e á súa banda de delincuentes. 

Nesta historia como me gustou moito non lle cambiaría ningunha cousa no contido do libro e ademais non me resultou moi difícil de ler. 

Eu recomendaríallo ás persoas no cal lle gustan ler libros sobre aventuras moi fascinantes.

Alejandro Vásquez Fernández (3º ESO)

Balda de Libros (XXXV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey


A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

A min gustoume porque trata de cousas cotiás, que lle poderían pasar a calquera. Penso que o momento máis importante é cando por desgraza lle morre o avó a André, porque é un momento moi triste e sentimental. Creo que non cambiaría nada da historia, porque quizais perdería algo de sentido.


Dentro da gran obra desta escritora galega, é dos mellores que lin. Houbo personaxes que non me gustaron, como os abusóns, pero eses danlle o toque realista. Con todo, outros parecéronme moi reais, como André, Halima ou Curro. O que menos me gustou foi que dun día para o outro se deixase de falar con Curro, posto que iso non pasa moi a miúdo.

O final paréceme axeitado, non todo ían ser desgrazas, pobre rapaz senón, aínda que era fácil de deducir, creo eu, quen era a Pomba. 

Eu recomendaríallo a alguén ao que non lle gusten os finais tristes e si as historias realistas e de amor.

Lucas Paz González (3º ESO)

Balda de Libros (XXXIV): O país adormentado, de Xabier P. Docampo


O país adormentadoXabier P. Docampo. Xerais

A min paréceme que o momento máis importante do libro foi o final, cando Aurora, Val, Gablasel e algúns guerreiros máis logran asaltar a torre de Ambulasac o vixiante. Mais tamén me pareceu moi importante tanto o momento da loita encarnizada entre Ambulasac e Val como a loita entre Aurora e Daúro. Para min eses foron os momentos máis importantes do libro porque de todas as loitas que se contaron na historia, (que non foron poucos) esas dúas últimas foron as que decidiron o destino de Glearim. Ademais cando se enfrontaron Val e Ambulasac foi a loita definitiva entre os dous líderes de cada bando.

Gústaríame que o final da historia non fose tan feliz, senón que en lugar de que rematase tan ben houbese algo de drama. Por exemplo que algún dos homes importantes de Val morrese ao facer algunha heroicidade. Só faría ese cambio, polo demais a historia gustoume.

A diferenza dalgúns libros, neste, a linguaxe que empregan foi bastante fácil de comprender. Non hai palabras raras ou moi difíciles, exceptuando algunha que outra.

Eu recomendaría este libro a rapaces e rapazas de secundaria debido á súa sinxela e fácil utilización da linguaxe.

Marcos García López (3º ESO)

Este libro, malia ser curto, é un libro de ficción para adolescentes e a miña crítica é boa xa que é unha fantástica historia na que cabaleiros arriscan as súas vidas para salvar os seus pobos de reis malvados e dragóns xigantes.

Especialmente identifícome con Neve xa que é calado, observador e protector que salvou varias veces a protagonista desta historia Aurora.

Este libro desfruteino pola súa compenetración a hora de loitar xa sexa cubrindo as súas costas ou realizando actos heroicos, por outra parte tamén me gustou o ambiente no que se desenvolve a batalla marítima entre barcos.

O vocabulario deste libro é fácil de entender agás algunhas palabras que se sacan polo contexto. 

Este libro recomendaríallo especialmente aos adolescentes que lle gusten as historias románticas e de guerra  nos antigos tempos nos que se loitaba con arco e espada.

Yago Rey Viqueira (3º ESO)