Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 4 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXIII): Chamábase Luís, de Marina Mayoral



O momento máis importante do libro para min foi cando falaba a nai de Luís, de todo o que viviu ela de pequena e como o conta, do que sente polos fillos, do mal que o pasa polos seus fillos, por Pablo e por Luís, os dous drogaditos, porque Pablo roubaba pero non o collía a policía, pero Luís rouba e sempre o pillaban e ía ao cárcere e entón a nai sufría e ía velo ao cárcere … 

A min gustoume este libro porque reflicte moitas cousas importantes na vida e que a droga dana ao que a consome e á familia. Chamoume a atención que a maioría dos personaxes casan, teñen fillos, sepáranse e volven casar e a ter fillos con outra persoa. 

O final deste libro non está mal pero gustaríame que contase ou pasasen máis cousas. 

Eu este libro aconsellaríao á xente da miña idade para que non se meta nas drogas. O vocabulario é fácil de entender en todo o libro. Gustoume moito.

Antía Iglesias Iglesias (3º ESO)

Balda de Libros (XXXII): Xoel, de Isabel-Clara Simó


Xoel. Isabel-Clara Simó. Xerais

Este libro pareceume moi interesante porque á parte da historia trátanse temas moi curiosos como o de como se ven as matemáticas, ou como se comportan as persoas. 

Os momentos que máis importantes, na miña opinión, foron nos que o protagonista, Xoel, dicía o que pensaba ou sentía sobre un comportamento. Penso que é un libro fácil de ler aínda que hai partes complicadas. 

O final gustoume en parte si e en parte non. Si porque opérano e cúrase pero non porque morre o pai. Cambiaría o final, sinceramente parécema moi cruel que xusto cando está ben morra seu pai. 

Tampouco me gustou cando Xoel e Marta cortaron porque despois de todo ela foi quen estivo con el aínda que tivera que estar tirado nunha cama pola súa enfermidade. A historia parece moi realista porque pode que alguén nalgún momento lle pase e seguro que non é doado sentirse inútil por unha enfermidade, pero a fin de contas esas enfermidades fante dar conta de que a vida non é fácil e tamén che fan ver que hai xente que faría o que fose por ti, como fixo o pai de Xoel.

Laura Martínez Calvo (3º ESO)

Balda de Libros (XXXI): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz



A historia que máis me gustou foi a terceira a pesar de que era a máis extensa cás outras e que ao primeiro non me gustaba moito pero ao final enganchoume. 

O momento que máis me gustou da terceira historia foi ao principio cando todo lle ía ben a Miguel e a Marta coa súa relación porque se vían moi felices e contentos.

O que menos me gustou foi na primeira historia cando lle meteron os ratos á serpe na vitrina porque foi moi noxento imaxinarmo. O tema era de misterio polo tanto gustoume. 

O final non me gustou o de ningunha das tres historias porque deume a sensación de que acaban moi de súpeto e que quedan incompletas as historias. 

Este libro recomendaríallo a rapaces e rapazas do meu tempo ou algo máis vellos. O que cambiaría deste libro sería o principio das historias xa que penso que é aburrido e pouco entretido.

Samuel Deus García (3º ESO)