Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 12 de febreiro de 2016

O gardián invisible de Dolores Redondo




Esta é definitivamente a seguinte escolla dos membros do Club de 3º de ESO. A primeira novela da chamada triloxía de Baztán. E aquí o profesorado que lemos con eles, estamos tan contentos !!

O Blog da Editorial Xerais comenta cousas como as seguintes sobre esta obra:

Unha novela impactante, seductora, aditiva e misteriosa construída por unha autora navarra de ascendencia galega, capaz de conxugar na súa novela a investigación científica coas lendas vascas.

A escritora Dolores Redondo Meira, de nai galega e con familia en Corme, editou simultáneamente en 2013 a súa novela en dez idiomas, entre eles o galego a través de Xerais.

O productor da saga ‘Millennium’ mercou os dereitos de El guardián invisible para o cine