Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 2 de febreiro de 2016

Non é amor

Achégase o San Valentín, e como cada ano, aproveitamos para botarlle un ollo ás nosas relacións
amorosas de parella preguntándonos se é amor o que as manten. Iremos desenvolvendo ideas relacionadas con este tema, que tanto nos interesa e importa.

En 4º de ESO, aproveitamos de vez en cando para reflexionar sobre estes temas, e parece que temos claro que con frecuencia non identificamos claramente certas "enfermidades" que intoxican as relacións. Compartimos hoxe parte dun manifesto elaborado a partir de reflexións do alumnado e lido nun acto na escola o Día Mundial contra a violencia machista, o 25 de Novembro:




(...) pode parecer amor, pero non o é.


Hai persoas que controlan, dominan, manipulan e se obsesionan coas súas parellas. Pódense dar mostras de amor, pero hai que poñer límites. Cada un ten dereito a facer o que queira facer, sen que a súa parella teña que intervir para chantaxealo emocionalmente, e o peor é cando isto está a suceder e ti non te das conta ou non te queres dar conta. Estas situacións de maltrato psicolóxico son máis habituais do que pensamos.

Tes unha idea falsa do amor se este inclúe controlar, dominar, manipular e chantaxear. Non tes dereito a facelo. Non está ben. Unha relación así non é unha relación sana. A xente que fai esas cousas ten un problema que debería solucionar para poder vivir unha relación sana nun futuro.

Se chegas a ter unha relación deste estilo, pensamos que é mellor deixar a esta persoa. É mellor estar só ou soa a ter estes problemas.



Balda de Libros (XXVII): O inferno de Marta, de Pasqual Alapont



O libro é moi entretido, xa que a min gústanme este tipo de libros nos que son os os adolescentes os protagonistas do libro. Eu, non sabía nin que existía este escritor, Pasqual Alapont, pero é a primeira vez que leo un libro del, e para o meu gusto está bastante ben. 

No libro pasan cousas que non son nada doutro mundo, senón cousas que están a acontecer agora mesmo, ao redor nosa e que practicamente non se lle dá importancia. Agora pasan estas cousas e non lle damos importancia, cousas que deberían ocupar toda unha portada dos telexornais e que só ocupan 4-5 liñas polo medio do telexornal. 

A escena que máis me gustou foi na que queren que Marta se separe de Héctor  porque lle está a facer dano, aí é onde se ven os verdadeiros amigos que queren o mellor para ti. 

En resumo, trátase dun libro moi ineteresante e entretido. Se me preguntasen por este libro, non dubidaría en recomendarllelo a quen me preguntase.

Samuel Vieites Abelenda (3º ESO)

Está clarísimo, non? Teño a miña opinión !!!!

Cartaz elaborado por Alicia Guillín Casal de 4º de ESO

Imos tomarnos con humor esas insinuacións de que estamos máis guapas "calladitas" y sumisas. Moita ironía no seguinte vídeo: