O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas. Xerais
Tamén penso que é un libro moi fácil de ler e que non ten palabras difíciles. Recomendaríallo a xente que lle gustan os libros que traten sobre temas que sería posible que nos pasasen.
Anabel Dafonte Iglesias (3º ESO)
Eu opino que é moi
entretido e moi bonito. Para min o momento máis importante foi cando Isla ía
coñecer a Xúpiter e cando o viu non era o que esperaba. En xeral o libro
gustoume pero o final non me gustou, porque non me esperaba que Isla morrese. Tampouco me gustou que Anxo non fixese nada por estar con Isla. O final sería o único que cambiaría porque
sería mellor que Isla quedase con Anxo e deixase a Xúpiter. Gustaríame máis se
Isla tivese un final feliz.
É un libro que se le moi rápido porque engancha
moito, xa que trata dun tema que nos pode pasar a nós na actualidade. Eu creo
que a escritora nos quixo transmitir o perigo de Internet e que hai que ter
moito coidado.
Tamén penso que é un libro moi fácil de ler e que non ten palabras difíciles. Recomendaríallo a xente que lle gustan os libros que traten sobre temas que sería posible que nos pasasen.
Anabel Dafonte Iglesias (3º ESO)
Este libro gustoume bastante xa que trata de
temas moi actuais e moi adolescentes. Nomea o bullying, a homosexualidade e
sobre todo quere facer ver aos adolescentes que non se debe confiar nunha
persoa que non coñecemos, e menos, por Internet.
A parte que máis me gustou do
libro foi cando Isla, Anxo e Mar foron ao paseo marítimo e o rapaz contoulles
unha historia que lle sucedera na súa infancia, hai demostrouse a confianza e a
amizade que tiñan entre eles. O que non me gustou moito foi o final tan tráxico
porque os lectores desta novela ou narración están esperando o momento de
encontro entre os dous namorados, e que acabe deste xeito non é moi adecuado.
Polo resto pareceume un libro xenial e moi ben escrito que te engancha dende o
primeiro momento e non perde a forza en ningunha parte da historia. É un libro
moi recomendable para os adolescentes.
Na miña opinión a novela é moi interesante, está moi ben para os
adolescentes porque lle fai aprender que non se poden fiar de internet e das
persoas, porque poden acabar mal.
Gustoume moito porque fala da amizade e do
amor entre os adolescentes e faiche aprender moitas cousas sobre a xente de
internet. Penso que os pais deberían apoiar máis a súa filla.
O personaxe que máis me gustou foi Mar, porque e unha rapaza moi segura de si mesma e é unha boa amiga na que se pode confiar e che daría moi bos consellos. O personaxe que menos me gustou foi Isla porque é algo infantil é fiase de todo o mundo e vive nunha fantasía que non existe, debería confiar máis nos seus amigos Anxo e Mar, porque se se fiara dela non lle pasaría o que pasou.
Eu cambiaríalle o final porque
non me gusta cando as novelas acaban mal, Isla non debería morrer e ela
máis Xúpiter tiñan que acabar xuntos.
É moi fácil de ler, entendese moi ben
todo. Recoméndolle esta lectura a todos os adolescentes para que non fagan o que
fixo Isla e os pais para que souberan o perigo que ten internet sobre os seus
fillos.
O tema do libro é a
traxedia, é a típica historia dunha rapaza, que se namora da persoa que lle
mandou mensaxes por internet, ela pensa que é un rapaz pero en realidade trátase dun
home maior que a engana.
O momento máis importante
foi cando Xúpiter lle mandou o primeiro correo pero ela tiña que ser algo
intelixente e ignoralo xa que non o coñecía. Pero comezou a falar con el e
acabouse namorando.
Isla estivo dende o
primeiro momento ilusionada e namorada de Xúpiter, sen facerlle moito caso a
Anxo e Mar sobre o que lle dicían de que non era unha boa idea
relacionarse con xente que non coñecía persoalmente.
O final creo que era moi
predicible, podíase saber como acababa bastante antes do final. O que máis
importa do libro é como transcorren os feitos, as relacións que hai entre Isla,
Mar e Anxo e como as resolven.
A linguaxe é
sinxela, o libro lese rápido e enténdese todo con facilidade.
Daniel Varela Bello
(3º ESO)
A min este libro
gustoume bastante xa que trata sobre temas actuais e tamén da adolescencia, este libro nomea a
homosexualidade, o bulling e sobre todo quixo facer ver aos adolescentes que
non se debe confiar dunha persoa que non coñezamos de nada a través das redes
sociais.
O que menos me gustou deste libro foi o final xa que é moi tráxico e o
que máis me gustou deste libro foi a amizade que tiñan entre Isla, Mar e Anxo.
Respecto aos personaxes o que máis me gustou foi Anxo porque gustáballe moito
Isla e sempre a protexía, en cambio o que menos me gustou foi o que estaba
falando por internet con Isla porque el fora quen matara a súa nai.
Eu
recomendaríallo a persoas que lles gusten os temas sobre a homosexualidades e
mais o bulling.
Para min este libro resultoume moi fácil de entender xa que ten
un vocabulario bastante adecuado, o único cambio que faría neste libro sería o
final xa que non me gustou moito.
Alejandro Vasquez
Fernández (3º ESO)
A
Ningún comentario:
Publicar un comentario