Este libro de relatos é moi entretido. Os relatos son curtos, o que fai
que a lectura sexa máis rápida e doada ca outros libros de relatos que teño
visto en moitas bibliotecas.
Non me soen gustar os libros de relatos, pero este gustoume bastante. Ten
relatos cunha pinga dramática, que penso que queda moi ben e que vai acorde coa
mentalidade de hoxe en día.
O meu relato favorito é “Un saxo na néboa” xa que a historia que conta é
moi inspiradora, é dicir, sacou a un rapaz dunha obra para metelo no mundo da
música. Penso que é unha historia moi fermosa e que podería pasar na realidade.
O vocabulario non é moi difícil e mesmo o autor fai uso de palabras do cotián ou de palabras que o semellan. A forma de narrar de Manuel Rivas é moi doada de
entender e seguir, polo menos neste libro de relatos.
Recoméndolle este libro a aquelas persoas ás que lles guste unha pinga dramática
na súa lectura. Seguro que vos gusta!
Irene Noya González (4º ESO)
Pareceume un bo libro, ademais, é moi fácil de ler porque non emprega un vocabulario moi culto, mais ben, nalgúns relatos, incluso chega a ser bastante coloquial.
Nerea Portos Balsa (4º ESO)
Laura Martínez Calvo (4º ESO)
O relato que máis me gustou foi o de “Un saxo na néboa”, pero penso que me tería gustado máis se ao final os dous mozos acabasen marchando xuntos en vez de ser só unha ilusión do rapaz, aínda que á vez penso que é un bo toque o feito de que o rapaz toque ben o saxofón por pensar na rapaza que lle gusta.
O relato de “A luz de Yoko ” na miña opinión é moi raro, pois non coñezo a ninguén que lle poña nome a un televisor. Tamén me pareceu un pouco raro o relato de “Conga, conga” pois non me parece normal que un home adulto, por moito que os nenos o asustaran, os asuste el a eles.
Na miña opinión non ten un vocabulario moi complicado pero ás veces son un pouco difíciles de entender, xa que en varios casos deixa un final aberto.
Recomendaríalle este libro á xente que se aburra con historias moi longas e con moitos nomes de personaxes que recordar, pois este libro está dividido en historias curtas e non os ten.
Olaya Dubra Boquete (4º ESO)
O libro ¿Que me queres amor? gustoume moito aínda que algunhas das historias que contén están acabadas sen un desenlace, como se estivesen sen acabar de escribir ou cortadas no nó, o que se adoita chamar un final aberto, o cal non me gustou tanto.
A parte que máis me gustou foi o conto “Un saxo na néboa” xa que me interesou moito a historia que conta e é un dos que máis me gustou a forma en que acaba, ademais de que está moi ben narrado.
O que menos me gustou foi “O míster & Iron Maiden” xa que non entendín moito de que ía nin entendín moito a idea que quere transmitir xa que se enguedella moito para contar pouca cousa.
Penso que non lle faría ningún cambio agás o de continuar un pouco algunha historia, polo demais está perfecto. Foi fácil de entender e é bo de ler. Recoméndoo xa que pasei un bo anaco léndoo.
Fernando José Couselo Noya (4º ESO)
En xeral, gustáronme a maioría dos relatos do libro aínda
que algúns, como o primeiro, non o fixeron porque ao principio non entendía moi
ben o que estaba a pasar, ou “A leiteira de Vermeer”, que o tiven que ler dúas
veces xa que me perdín e non me enterei ben do que aconteceu nesta historia.
Tamén me gusta que sexa un libro que trate sobre o amor
pero de diferente maneira. A maioría dos libros que falan deste sentimento
sempre teñen como personaxes principais a unha parella namorada. Non obstante,
as historias deste libro non só se limitan a iso, a parte que trata outros
temas diferentes.
Sen dúbida ningunha, o meu relato preferido foi “Vostedes
serán moi felices", polo feito de que, cara ao final tocaba un pouco o misterio:
nos momentos en que Andrés bota as cartas e no remate, incluso parece un pouco
sinistro, ao meu parecer. Non estaría mal que fose un pouco máis longo.
Pareceume un bo libro, ademais, é moi fácil de ler porque non emprega un vocabulario moi culto, mais ben, nalgúns relatos, incluso chega a ser bastante coloquial.
Nerea Portos Balsa (4º ESO)
Pareceume un libro moi interesante, polo
feito de que fala do amor pero de varios tipos del. En cada relato mostra un
tipo de amor distinto, por exemplo, no primeiro relato “Que me queres, amor?”
fala do amor platónico, que sería o amor imposible que sente Tino por Lola;
noutro relato, “A lingua das bolboretas” fala do tipo de amor que tira á
admiración, o que sente Pardal polo mestre.
Pareceume moi fácil de ler e de
entender. Aínda que lle cambiaría un pouco o dos finais, son relatos curtos si,
pero deixan así como ganas de saber o que pasa despois.
Recomendaríallo a
calquera persoa que lle guste ler. Ao principio, cando lin o título pensaba
que era unha novela de amor, pero non, está relacionado pero non é como me
esperaba pero gustoume, e tamén que mostra que o amor non sempre é o que
pensamos, cando falamos de amor pensamos directamente nese "amor" de que dúas
persoas se aman e iso, pero aquí podemos ver que non só hai ese, e que é
interesante saber que unha persoa pode sentir amor por outra sen ser o de amar.
Para min este libro fome entretido porque trata de varios relatos e en cada un pasan cousas
distintas pero o que si que cambiaría sería que os relatos se
relacionaran entre si ou polo menos unha metade do libro se
relacionasen os relatos entre si e na outra metade que fosen
distintos de primeiras pero relacionados entre si.
O relato que máis
me gustou foi “A lingua das bolboretas” aínda que o de “Un
saxo na néboa” e o de “Vostedes serán moi felices” tamén
foron dos que máis me gustaron porque eran historias bonitas e tñan
bos finais.
É sinxelo de ler posto que non ten palabras que non se
entendan, ten un vocabulario normal. O que si que cambiaría é o desenlace do relato de “Carmiña” porque non me gustou moito o final que ten para ser a historia que era. O resto dos relatos e finais para o meu gusto estaban bastante ben, ou a min polo menos entretivéronme ao lelos.
Eu recomendaría este libro
porque é sinxelo de ler e de entender e cando o les entreteste coas
historias dos diversos relatos que conta.
Antía Iglesias Iglesias (4º ESO)
Martín González Castro (4º ESO)
O libro ao ser de
relatos teño diferentes opinións de cada conto, e algúns gustáronme moito e
outros pouco. Por exemplo o relato de “A lingua das bolboretas” non me gustou
nada, pareceume lento e sen emoción, mentres que o conto de “Carmiña” gustoume
moito, xa que os momentos nos que din que o can está mirando para eles mentres
manteñen relacións sexuais paréceme cómico, aínda que o final do conto sexa
bastante triste porque O’lis mata ao can.
Case todos me gustaron aínda que
algúns son difíciles de entender ao final sempre acabas entendendo de que van e
o tema que tratan.
Cambiaría a forma de expresión xa que non é moi directa e
iso fai que nun principio non entendas de que vai o relato, pero polo resto é
un libro bastante bo que recomendo ler.
Ten un vocabulario bastante básico e iso
é de agradecer porque moitos libros utilizan dialectalismos ou cultismos que
non se entenden ben.
Martín González Castro (4º ESO)
O relato que máis me gustou foi o de “Un saxo na néboa”, pero penso que me tería gustado máis se ao final os dous mozos acabasen marchando xuntos en vez de ser só unha ilusión do rapaz, aínda que á vez penso que é un bo toque o feito de que o rapaz toque ben o saxofón por pensar na rapaza que lle gusta.
O relato de “A luz de Yoko ” na miña opinión é moi raro, pois non coñezo a ninguén que lle poña nome a un televisor. Tamén me pareceu un pouco raro o relato de “Conga, conga” pois non me parece normal que un home adulto, por moito que os nenos o asustaran, os asuste el a eles.
Na miña opinión non ten un vocabulario moi complicado pero ás veces son un pouco difíciles de entender, xa que en varios casos deixa un final aberto.
Recomendaríalle este libro á xente que se aburra con historias moi longas e con moitos nomes de personaxes que recordar, pois este libro está dividido en historias curtas e non os ten.
Olaya Dubra Boquete (4º ESO)
O libro ¿Que me queres amor? gustoume moito aínda que algunhas das historias que contén están acabadas sen un desenlace, como se estivesen sen acabar de escribir ou cortadas no nó, o que se adoita chamar un final aberto, o cal non me gustou tanto.
A parte que máis me gustou foi o conto “Un saxo na néboa” xa que me interesou moito a historia que conta e é un dos que máis me gustou a forma en que acaba, ademais de que está moi ben narrado.
O que menos me gustou foi “O míster & Iron Maiden” xa que non entendín moito de que ía nin entendín moito a idea que quere transmitir xa que se enguedella moito para contar pouca cousa.
Penso que non lle faría ningún cambio agás o de continuar un pouco algunha historia, polo demais está perfecto. Foi fácil de entender e é bo de ler. Recoméndoo xa que pasei un bo anaco léndoo.
Fernando José Couselo Noya (4º ESO)
O libro gustoume
moito e é moi fácil de ler. Cando empezas a ler os relatos, non te enteiras de
moito do que din pero ao final todas as pezas encaixan e enténdelo todo.
A min o relato que
máis me gustou foi o de “Só po aí” xa que me fixo entender as
preocupacións que os pais poden chegar a
ter polos fillos, ao tempo que mostra o carácter conciliador dos seus avós.
En cambio o conto
da leiteira é o que menos me gustou xa que non o entendín, por outra parte hai
outros contos que tampouco entendín porque pasan todo o tempo facendo
descricións .
O meu personaxe que
máis me gustou foi o pai no relato “Só po aí” porque se preocupa moito polo seu fillo e o que menos foi Tino porque tiña unha actitude de perdedor cara a el mesmo.
O vocabulario é moi
coloquial polo que non se fai nada pesado.
Recomendaríallo aos
lectores que lle gusten os contos con
varios relatos todos eles moi distintos.
Brais Bouzas Leis (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario