A parte
que máis me gustou foi cando foi cando lle sacaron a roupa á camareira,
pareceume sorprendente e moi emocionante. Cando dixeron que todo era un engano
sorprendeume moito, non mo esperaba. Tamén me gustou moito que manteñen os seus
papeis sempre cando está o cliente, dende que entra ata que sae.
A parte
que menos me gustou foi o principio, parecíame aburrido, un local aburrido sen
xente, pero pouco a pouco foi collendo moito emoción ata o punto que parecía
que o espectáculo non o ían dar pero como dixen antes o final foi
sorprendente.
O
personaxe que máis me sorprendeu foi Furelos, pola súa paciencia e pola
ilusión que tiña por ver o espectáculo, tamén me sorprendeu o pasado que lle
ocultaba ao seu cuñado.
A min
este libro gustoume moito polo incrible final que ten, ninguén o espera. A
linguaxe pareceume moi fácil aínda que había algunhas palabras que non coñecía,
por exemplo acubillar, garbo...
Eu recomendaríalle este libro a Daniel e a Alicia porque estou segura de que lle vai gustar e sorprender tanto coma min.
Laura Mariño Rey (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario