Este
libro gustoume moito aínda que non é dos meus preferidos. A portada deste libro
non me gustou, paréceme fea. O debuxo da careta que hai nela non me gusta nada.
A miña escena preferida é despois da morte do boticario Saturio xa que as súas
irmás non paraban de laiarse berrando o seu nome. Esa escena pareceume moi
divertida e cando lemos o libro na clase non paraba de rir.
Os meus personaxes
preferidos son os amantes Micaela e o portugués xa que xuntos queren enganar a
Don Ramón para así quitarlle as propiedades. Aínda que despois da súa morte,
Micaela pareceume moi egoísta por laiarse de non poder lucir os panos de cores
que Don Ramón lle regalara, xa que ao morrer tiña que ir de loito.
Eu,
persoalmente, deste libro non cambiaría nada, paréceme que está moi ben
relatado e organizado. O epílogo pareceume orixinal, xa que se encontran os
tres vellos.
En resume, este libro gustoume moito.
Este
libro pareceume moi interesante xa que fala de temas que se poden dar na
realidade como a xente que casa polo diñeiro e do egoísmo da xente moza que
só quere poder.
A
historia que máis me gustou foi a primeira (a do boticario) xa que os
personaxes me parecen máis leais e menos interesados que nas outras historias,
tamén me gustou cando a morte se quería matar por amor e o boticario lle chamou
tolo cando ao final el morreu por amor a Lela.
A
historia que menos me gustou foi a segunda porque non me gustou que armasen ese
plan entre Micaela e o seu amante para sacarlle os cartos ao vello e despois
casan eles cos seus cartos e as súas pertenzas.
Da
terceira historia non me gustou como se comportaron os pais con Pimpinela
porque ela non quería ao vello, ela estaba namorado do mozo que tiña e por
culpa da presión tivo que casar co vello e gardar loito porque acabou morrendo.
Laura
Mariño Rey (4º ESO)
O momento do libro que máis me gustou e máis me chamou a atención foi cando
estaban os tres vellos no cemiterio e o señor Fuco contoulle ao Boticario e a
don Ramón o que fixeran as rapazas cos seus cartos tras as súas mortes.
O
momento que menos me gustou foi cando morreu don Ramón porque non entendín ben
a súa morte.
O meu personaxe favorito de todo o libro é o Boticario porque me
pareceu o máis intelixente de todos os personaxes, a pesar de que se suicidou
porque a rapaza da que se namorou non o quería e casou con outro home.
Eu o
libro recomendaríallo á xente que lle gusten os libros de mortes e dramas
románticos, tamén á xente á que lle gusten os libros un tanto cómicos, porque
ten momentos que son divertidos.
Adrián Landeira Pose (4º
ESO)
Este libro gustoume bastante porque contén tres
lances e un epílogo moi interesantes. O lance que máis me gustou foi o
primeiro, a do señor da botica, Saturio, e Lela, porque é a que máis me
entretivo. O que menos me gustou foi o de don Ramón e Micaela, porque me
pareceu moi aburrida e os personaxes non me caeron ben.
A mellor parte do libro
pareceume que foi cando morreu don Ramón, porque me parecía moi parvo e
maleducado. A peor parte foi cando o mozo deixa a Pimpinela, porque eu quería
que casara con el, e non co señor Fuco.
O meu personaxe favorito é a morte,
porque era misteriosa.
Non me gustou o epílogo, porque me pareceu moi aburrido
que só falen os tres vellos e non había intervención do resto de personaxes.
Do libro tamén me gustou que foi fácil de ler, xa que ten un vocabulario moi
sinxelo. Este libro recoméndollo a quen lle guste a literatura da época de
Castelao, porque non me parece moi actual.
Alicia Guillín Casal (4º ESO)
Este
libro está dividido en tres historias amorosas que contan as diferentes maneiras de namorar a Lela. Micaela e Pimpinela.
Tamén escollín este libro porque o autor é Castelao e é o meu escritor favorito.
Recoméndolle a todas as persoas que lean esta historia porque é moi bonita e tamén
moi recoñecida na literatura galega, ten un vocabulario moi sinxelo
e é moi fácil de ler, tanto que se le moi rápido porque é moi
entretida e moi curta e ao ser teatro lelo en nada de tempo.
Sergio Arias García (4º ESO)
Este libro xa engancha desde o principio porque empeza moi interesante. É unha comedia e a min fíxome gracia, ademais non ten moitos personaxes, e ten varios actos así que se non che gusta un ao mellor pódeche gustar o seguinte.
Esta obra de teatro ten bastantes acoutacións e iso gústame porque así sabes bastante información dos personaxes. Este libro ten tres lances un para cada vello e a min gustáronme os tres. O texto tamén era bastante fácil e claro, entendíase bastante ben. O meu personaxe favorito é Don Ramón porque pareceume moi gracioso. O personaxe que menos me gustou foi Micaela porque non me gustaba como actuaba. O final tamén me sorprendeu porque non me esperaba que fosen morrer os tres vellos pero gustoume o desenlace.
A min este libro gustoume moito porque é un libro curto que se le rápido. Este libro recomendaríallo ás persoas que lles guste o teatro e sobre todo a comedia.
José Luís Mirás Otero (4º ESO)

Ningún comentario:
Publicar un comentario