Encantoume
este libro, o que máis me gustou del foi o final, xa que non me
esperaba para nada que Manuel recuperase o mar. Tamén me gustou
moito cando Manuel se dá de conta de que, para el o máis importante
é Marina, amaba máis que o mar.
O
que me sorprendeu foi que morreran personaxes, xa que non é unha
historia na que parece que vaia morrer ninguén, penso que non facía
falta que morrera ningún personaxe. E a parte que menos me gustou foi o comezo, xa que é moi aburrido.
En
canto á escrita custoume entender algunhas palabras, xa que moitas
delas son palabras que usan os mariñeiros ou eu non sei o seu
significado, tamén usan dialectalismos que entendo pero que non son da
miña zona.
Recomendaríalle
o libro ás persoas que viven cerca do mar, aos que lles gusta moito
o mar ou a xente que a súa profesión sexa a de mariñeiro, pero non só
a eles, a todas as persoas porque é moi interesante.
Manuel
Vázquez Noya (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario