Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 15 de decembro de 2015

Balda de Libros (XV): Cartas de amor, de Fran Alonso



É un libro moi triste. Todas as cartas están escritas por mulleres que o pasaron moi mal. Conta as diferentes vivencias de cada unha. Fala das violacións que as marcan para sempre, da pobreza que te leva a deixar todo o que tes e obrígate a emigrar, dos enganos sufridos pola persoa amada, das guerras que matan a tanta e tanta xente...  pero aínda así conseguen ter forzas para sacar unha vida adiante.

Aínda que é moi  triste gústame moito porque son valentes e loitan polo que queren.

Este libro faite emocionar moito porque son cartas de desesperación, tristeza, valentía, sufrimento, pero sobre todo están escritas  con amor, moito amor. Tamén me gusta porque están escritas dende o fondo do corazón .

Recomendaríallo a moita xente porque vale para valorar máis a vida que nos tocou vivir a cada un de nós.

Brais Bouzas Leis (3º ESO)

Balda de Libros (XIV): Trampa de luz, de Agustín Agra


Trampa de luz. Agustín Agra. Xerais

Este libro pareceume moi complicado xa que non entendin case nada da historia. A pesar de ser un libro baseado na obra O Necromicon, escrita polo famoso Howard Phillips Lovecraft, non se atopa á súa altura. 

Ten un vocabulario extenso e complicado ademáis de contar con custosos capítulos dos cales o ultimo é o máis complicado. O final é moi raro, non se entende porque pon que foi á biblioteca e alí estaba seu pai e así acaba o libro sen un final definido. Parece que vai ter una segunda parte xa que o final e totalmente aberto. En conclusión non me gustou moito. 

Recomendolle a os que lle guste este xénero de medo e fantasía que lean os libros do propio Howard Phillips Lovecraft, o mellor escritor deste xénero dende hai xa moitos anos. Os seus libros máis destacados son: A chamada de Cthulhu, Na noite dos tempos e Na montaña da toleira.

Martín González Castro (3º ESO)

O  libro gustoume moito, é moi fácil de ler. Cando empezas a lectura parece un libro moi aburrido pero segundo o vas lendo é máis entretido.

Conta as aventuras dunha nena, os medos que pode chegar a ter ,as confusións que lle crean as diferentes situacións e a intriga do que pode chegar a pasar.

Tamén está recollido o peligro no que se puido meter por querer saber máis cousas das que en verdade ela debería saber.

O tanxedor de campás, a Fraga Vella, os animais desaparecidos, os contos de seu pai... Todo o libro está envolto nun aire de misterio.  

Este libro recomendaríallo a moitos rapaces que coma min nos gustan as aventuras e todo o que estea relacionado co misterio, pero tamén porque é moi sinxelo de ler.

Brais Bouzas Leis (3º ESO)


Este libro non me gustou  moito. Porque todo o relato trata da vida dunha rapaza chamada Irene. É un libro para persoas de máis da mina idade porque ten un vocabulario que non é moi fácil de entender.

A parte que máis me gustou foi cando Irene estaba no parque novo que acababan de abrir e se lle aparece a ela e mais a todos os seus amigos un misterioso rapaz que traía un carriño cheo de campás, cada unha destas cun son ou un olor distinto. 

A parte que menos me gustou foi cando Irene colle uns libros do seu pai que non quería que vise e por iso os poñía no estante de arriba do armario dos seus libros.

Eu cambiaríalle a parte na que atopan o rastro do raposo pero non poden seguilo porque comeza a facer demasiada calor e teñen que ir para a casa. Eu aí poñeríalle que conseguen seguir ao raposo.


David Boo Noya (3º ESO)

Balda de Libros (XIII): Leonel, de Antón Cortizas



Eu penso que o mellor momento do libro foi cando Miguel e Ana se contan esas cousas tan bonitas, pois notábase que os dous xa sentían algo un polo outro, como un par de namorados. Dos personaxes gustoume moito a súa forma de ser e tamén a súa forma de actuar. Tamén penso que Miguel e Ana tiñan que ter coñecido o personaxe de Leonel persoalmente, e poder contar algo máis sobre el no libro, e mantendo unha amizade con Ana e Miguel.

Creo que no libro tiña que aparecer algo sobre a vida de Leonel que non se menciona no libro, cousas de cando estivo lonxe de Grandal e non se sabía nada del.

A lingua era fácil de comprender, aínda que había algunhas palabras un pouco raras ou que eu non coñecía. 

A min gustoume o libro, xa que é unha narración de moita aventura. É entretido e divertido. Por iso recomendaríallo a rapaces e a rapazas da miña idade, porque creo que lles podería gustar moito este tipo de libros.


Nerea González López  (3º ESO)