O pasado día 29 de Outubro, celebrando o outono, o Samaín e o Día das bibliotecas, escoitamos os relatos da nosa zona recollidos por María da Pontragha e disfrutamos das súas anécdotas e historias, das súas personaxes impactantes como a Joaquina, que levaba un machete en cada man e que chegara de Cuba para vivir na aldea. Era unha muller brava que non dubidaba en cortar o pescozo a quen lle ofendía.
Rimos moito cando María relataba o momento no que un rapaz regresa á aldea falando castelán e ten unha conversación co seu avó. No vídeo podedes escoitar como escachamos coa risa
Estas eran as nosas caras de expectación ante os relatos que contaba María
E aquí podemos vela, entregadísima para nos comunicar ese legado da tradición oral dos nosos avos e avoas