Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 10 de abril de 2015

Andel de Libros (XXV): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas



A min gustoume moito este libro porque dá lugar a pensar que podes facer con algo que non queres ou que non che gusta para poder sacarlle proveito. 

Tamén me gustou porque fala sobre o machismo e sobre a discriminación que hai que freala. Penso que a autora quixo que o lector se dese conta de que as mulleres están moi infravaloradas e que non o deberían estar tanto.

O momento que máis me gustou foi cando Carlota lle dixo a Marcelo que lle gustaba. Tamén me gusta porque a avoa de Carlota é moi boa avoa e axúdaa moito en moitas cousas. Por iso, Ana é un dos meus personaxes favoritos.

Recomendaríallo a todo o mundo sen dúbida ningunha.

Xosé Barreiro Hernández (3º ESO)