Boa parte do alumnado de 3º da ESO elaborou fichas con léxico e definicións recollidas en diferentes parroquias do Concello de Trazo. A posta en común deunos este resultado.
AUTORES:Sergio Arias García, Xosé Barreiro Hernández, Adrián Gonzalez Lage, Adrián Landeira Pose, Jose Luis Miras Otero e Irea Ríos Casas.INFORMANTES:
José Antonio García, 71 anos (Leobalde)
Mª del Pilar Capelán Mosquera, 57 anos, (Feáns)
Victoriano
González González, 88 anos, e Juan Carlos González Domínguez, 42 anos (Ponte,
Chaián)
Francisco Pose, 74 anos, (Benza)
Francisco Otero Fernández, 82 anos;
Luis Mirás Álvarez, 53 anos;
Mercedes Otero Domínguez, 50 anos (Berreo)
Manuela Sánchez
Noya, 75 anos (Xavestre, Agro do Mestre)
DICIONARIO DA CHUVIA EN TRAZO
A
Amizar: É cando para de chover.
Arroiada: Choiva
moi intensa.
Arroiada: Moita choiva e moi forte.
Arroiar: Cando chove moito.
Auganeve: Auga moi fría.
Auganeve: Cando a auga moi fría.
Auganeve: Cando a auga moi fría.
B
Babuña: Pouca choiva.
Babuxada: Auga moi finiña, dura moi pouquiño tempo.
Ballón: Choiva forte, que dura pouco.
Ballón: Chuvia intensa de gotas grandes.
Basto: Que chove moita cantidade de chuvia xunta.
Bátega: Choiva forte, que dura pouco.
Brea: É cando fai moito vento e chove ao mesmo tempo.
Brétema: É a néboa (*niebla) que hai polas mañás cedo.
Brétema: É a néboa (*niebla) que hai polas mañás cedo.
Brétema: Cando hai néboa (*niebla).
Brétema: Vapor de auga espeso.
C
Cairo: Chaparrón moi forte.
Cairo: Choiva que dura moi pouco.
Cifra: Choiva ou neve, acompañada de vento.
Curiscada: Chuvia miúda e que pasa rápido, e vén con aire.
CH
Chaparrada: Choiva que dura moi pouco.
Chaparrada: Choiva que dura moi pouco.
Choiva: Precipitacións en forma de auga.
Chover a chuzos/ ou a caldeiros: Cando chove moi
intensamente, pode ser moito ou pouco tempo.
Chover como a mexadiña dun rato: Cando chove moi
pouquiño e o canal da auga bota como unha mexadiña dun rato.
Chuvasco: Choiva con moito aire.
Chuvasco: Chuvia que cae de repente forte.
Chuvieira: É unha chuvia moi forte e abundante.
Chuviñada : Choiva de pouca duración e que cae moi
lentamente.
Chuviscada: Gotas pequenas de auga.
Chuvisca: Choiva miúda e pouco intensa
Chuviscar: Cando chove fino.
Chuvisco: É cando chove miudiño e fai vento.
Chuvizna: Cando chove pouco.
Chuvizna: Cando chove pouco.
D
Diluvio: Choiva abundante e forte.
E
Escampar: Cando deixa de chover.
Ervallo: Cando cae auga que nin chove nin deixa de chover
pero molla.
F
Folerpa: Cando neva pero non calla.
Folerpada: Cando cae auga en forma de neve pero pouca
cousa, que non calla.
G
Granizada*: Cando cae a auga en forma de xeo.
I
Invernada: Que chove durante moito tempo e cando auga cae
fai como globos na terra.
N
Nebra: É a néboa
(niebla*) que che interrumpe a visibilidade.
Nevarada: Cando neva, e queda a neve callada.
O
Orballada: Choiva miúda e de pouca
duración.
Orballiscada: Orballada moi fina.
Orballo: É cando chove miudiño e cae a auga pero case non molla nada.
Orballiscada: Orballada moi fina.
Orballo: É cando chove miudiño e cae a auga pero case non molla nada.
Orballo: Cando chove pouco pero molla
moito e sen parar.
Orballo: Chuvia fina e delgada
Orballo: Pouquiña choiva.
Orballo: Pouquiña choiva.
P
Parruma: É a
neve pouco densa.
Pedrazo: Cando graniza* pero as pedras de xeo son moi
grandes.
Pedrazo: Sarabia forte con pedriñas de xeo.
Pedrazo: Sarabia forte con pedriñas de xeo.
Pingar: Cando caen gotas grandes.
Poallo: Choiva miúda e pouco intensa.
S
Saraiba: Cando a auga cae en forma sólida en forma de pedra.
Saraiba: Granizo*.
Saraiba: Granizo*, caen grans conxelados do ceo.
T
Tifón : Temporal con moita choiva e vento.
Torba: Choiva mesturada con granizo.
Torbón: Dise
cando chove forte e para de chover un intre e volve chover.
Treboada: Tormenta.
Treboada: Tormenta.
Treboada:
Tromba de auga forte.
Treboada: Choiva intensa, que dura pouco tamén.
Treboada: Que chove moito durante 20 minutos
Trebón: Chuvia forte de longa duración.
X
Xistra: Neve con vento frío.
Z
Zarzallo:
Chuvia fina.