Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 26 de novembro de 2014

Andel de Libros (II): Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza



Os contos deste libro gustáronme moito porque son moi intrigantes, sobre todo o de “A proba do alfinete” e “O amigo Delmiro”. É un libro moi entretido que llo recomendo a calquera que lle custe ler porque se le moi rápido e os seus contos, á parte de se ler moi ben, enganchan desde o primeiro momento.
O conto que máis me gustou foi o de “Vinte pesos de prata” porque se vía como o irmán do outro o intentaba timar dunha maneira astuta.

En ninguna historia cambiaría nada, porque todas están moi ben escritas e ademais o autor, deixa ese toque de misterio en cada conto, que os fai máis interesantes,

O único que lle engadiría ao libro, sería algún debuxo en cada capítulo, para ordenar un pouco as ideas e saber mellor de que trata, a parte de que un libro con debuxos queda máis bonito.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)

A min este libro gustoume moito. Unha das cousas que máis me gustou foi que no momento no que estás chegando ao final dalgún relato, máis ou menos xa tes imaxinado dende o teu punto de vista un final. O que me pasou cando lin  o final de cada relato, o final que tiña imaxinado (que pensaba que ía ocorrer) era totalmente diferente ao que tivo lugar na historia. En cambio, noutros libros imaxinas o final e o final que imaxinas é case igual ao que ocorre na historia. 

A min o relato que máis me gustou foi “Vinte pesos de prata” xa que non me imaxinaba que o xoieiro fose Tomé. Gustome moito a forma na que se presentou Tomé. 

O tema para min non foi triste a pesar das mortes que hai. Para min é un libro que ten moita intriga. Neste libro eu non faría ningún cambio. 

A linguaxe entendina bastante ben aínda que me encontrei con algunhas palabras rebuscadas como por exemplo: queipo e pegureiro.

Marta Veiras Noya (4º ESO)


Gustáronme moito todas as historias, porque había mortes, e en varios había un revólver. O que máis me gustou foi o do "Amigo Delmiro" porque a rapaza colleu o revólver e tiroulle varios tiros a Delmiro. 

Eu faría un cambio no da proba do alfinete porque non me gusta moito o seu final xa que van matar a súa nai sen facer nada: Que o rapaz descubrira o contrabando dos dous panameños e detiveran a toda a banda. Que el se convertera nun detective con máis prestixio do mundo. E que acudiran a el os casos máis difíciles do mundo.

É fácil de ler pero ten bastantes palabras difíciles de comprender que eu non coñezo.

Eu recomendo este libro para os maiores de 15 anos porque me parece que ten unha linguaxe complicada para os rapaces de menos anos.

Adrián Recouso Pena (4º ESO)

Este libro gustoume moito máis que o outro, porque era máis fácil de ler e tamen máis curto xa que habia que ler só 6 contos de todo o libro.

A min este tipo de libros gústanme moito porque son pequenos e fáciles de ler e ademais son varios tipos de contos distintos e se non che gusta un podes escoller outro para ler.

Os finais dos libros que lin son todos tráxicos ou medio tristes,creo que ningún ten un final feliz ou polo menos algo alegre.

O que máis me gustou do libro foi o conto do “O home do saco” xa que é de medo e misterio e o final é moi raro.

O que menos me gustou foi “A proba do alfinete” porque a min os contos dos detectives non me gustan e foi un conto moi aburrido para min.


Tiña un vocabulario bastante fácil e o libro lino en dúas noites moi rápido, e iso que eu non son moito de ler. Recomendo este libro a todos os que lle gusten os libros de medo e misterio.

Adrián Ríos González (4º ESO)