Esta obra decidín lela porque vira a película e
gustárame moito. A verdade é que a min non me soe gustar moito ler teatro, pero
esta obra gustoume moito, máis do que pensaba.
O momento máis importante, sen ningunha dúbida, é o
momento do final, cando Cañete morre entre os brazos de don Valeriano e despois
este cruza a porta e morre tamén. Paréceme moi emocionante este momento,
ademais de ser moi real.
Como cambios penso que non faría ningún xa que me
parece que a obra está moi ben escrita e enténdese bastante ben.
Iso si, aínda hai bastantes palabras que non
coñecía. A lingua, como ben dixen, en xeral foi fácil de entender, pero había palabras
das que como en todos os libros, non coñecía o seu significado.
En resumo, que me parece unha obra de teatro
fantástica e que a recomendo moito para ler.
Cristina Deus García (4º ESO)