Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 17 de decembro de 2012

Andel de Libros (XV): Leonel, de Antón Cortizas





Este relato gustoume moito, foi un dos libros que lin en galego que máis me gustou. É unha historia que nos pode pasar a todos os que vivimos na aldea, ou mesmo cando imos á casa de nosos avós. Ademais o protagonista é un rapaz adolescente, polo que cando lía a historia imaxinábame a min mesma, coma se participase nela, vivindo todas esas aventuras. Por riba, ten un pequeno toque de amor, o que fai que o libro sexa moi bo.

Un dos momentos que máis me gustou foi cando Miguel tiña que marchar de Grandal e pasou a última tarde con Ana, despedíndose cun profundo bico. Este momento paréceme precioso, e mostra como o amor pode xurdir en tan só dous meses.

Eu non faría ningún cambio, pois gustoume todo.

A lingua para min foi moi fácil de entender e a historia para ler tamén.

Cristina Deus García (3º)

Andel de Libros (XIV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey






Esta novela a min gustoume moito. Paréceme unha historia algo triste, xa que hai varios problemas e dificultades, pero tamén é moi bonita.

Un dos meus momentos preferidos do libro é cando André vai xunto ao seu avó, cando está a piques de morrer, e agarrándolle unha man empézalle a falar de todo. Intentando que sobrevivise, intentando alegralo, dicíndolle cousas preciosas. Este momento para min é moi importante, e emocioneime moito cando o estaba lendo; ata ganas de chorar me entraron.

Eu cambiaría o de que o avó de André morre porque me parece moi triste, pois André xa tiña outros problemas como para que lle morrese seu avó.

A lingua para min foi moi fácil de entender. A historia, para ler, é algo máis difícil, xa que fai moitos "flash-backs" ao longo desta.

Cristina Deus García (3º)


A min este libro pareceume interesante e divertido nalgunhas ocasións porque a verdade entreteste moito con algúns acontecementos da historia que son divertidos, pero tamén os hai tristes como o do avó que a min particularmente neste caso me deu moita tristeza. 
Tamén me fixo chorar porque ó final do capítulo do avó para o rapaz debeu de ser moi duro para el dicirlle que se fose, que parara de respirar e que descansara en paz porque eu iso se o tivera que facer non me vería capaz sen botarme a chorar antes ou sinceramente non o daría feito.
Para min foi moi fácil de entender e gustoume moito así tal e como acaba pero gustaríame que acontecese como o final que eu lle inventei pero así tamén me gustou moito.
Neste libro pásanse moitos momentos de alegría e outros de tristeza e por iso me gustou tanto. En poucas palabras ENCANTOUME!!!!!!

Alba Pumar Muíño (3º)

Andel de Libros (XIII): A casa dos Lucarios, de Teresa Moure





O tema máis importante do libro é a loita dunha familia por saír adiante sen ter moitos medios para conseguilo.
Era unha familia coma moitas outras naqueles tempos, que tiñan un lote de fillos e tiñan que loitar duro para sacalos adiante.
Non cambiaría nada deste libro porque é a historia dunha familia que así lle toca vivir, e o destino de cada un non se debe cambiar.
Pódense cambiar cousas do pasado de algún personaxe , pero coas cousas malas sempre veñen as boas, e daquela eu deixaría todo como está.
Foi un libro que me gustou porque trata da realidade de moitas familias galegas. Estou seguro de que este libro lle gustaría aos meus avós.

Esteban Becerra Varela (3º)



A min o libro non me gustou moito aínda que fose moi fácil de ler. Non me gustou moito porque tiña moitos nomes e confundíame de persoas.
O que máis me gustou do libro foi o contido da propia historia xa que conta como empeza unha parella sen nada e vai gañando cartos e tendo fillos ata chegar a ter unha casa fóra do normal en comparación ás demais da vila chamada Ferreira.
Logo tamén me gustou o final, na que Laura que é a neta de Rosa e Chicho   di o propósito do libro que é escribir a súa vida para celebrar os seus 60 anos de casados e tamén criticar que agora toda a xente se moderniza moito e se esquece de facer moitas cousas como lavar a roupa a man e non coa lavadora e cousas polo estilo.
Se se poidera cambiar algo, eu poñeríalle máis cousas e máis información sobre os seus netos e tamén lle quitaría moitos personaxes porque a historia fala de moita xente e non se entende moi ben o conto.

Damián Muíño Bello (3º ESO)