Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 26 de novembro de 2012

Relatos fantásticos de nós (II): "A noite de lúa chea", Tamara Muíño Bello

Continúa a nosa serie de relatos fantásticos. Hoxe, Tamara Muíño Bello (4º da ESO) publica un relato sobre licantropía ou lobishomes, aínda que na narración sexa unha muller a que se vai converter en lobo. Velaquí:


A noite de lúa chea

Esa noite Laura saíu da súa casa como facía todos os luns xunto co seu amigo Carlos, pero esa noite era diferente había lúa chea.

Anoiteceu e de repente comezou a chover moi forte, unha tormenta das grandes. Entón os dous amigos tentando refuxiarse foron acubillarse nunha casa abandonada, Laura a medida que ía saíndo a lúa polo horizonte e ía ascendendo inquietabase máis. De repente todo deu un xiro.

Laura, unha rapaza silenciosa e tranquila, de repente convértese nun lobishome, Carlos non podía crer o que estaba vendo e botou a correr para refuxiarse nalgún sito, pero non serviu de nada. Laura abalanzouse sobre el.

Ao día seguinte había moito rebumbio na praza da vila xa que non atopaban nin a Laura nin a Carlos, dous rapaces moi tranquilos que desapareceron para sempre aquela noite de lúa chea.

Tamara Muíño Bello (4º ESO)