Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 29 de outubro de 2012

Andel de Libros (III): Que me queres, amor?, de Manuel Rivas


Que me queres, amor?, de Manuel Rivas

Este libro pareceume bastante difícil, xa que, hai moitas cousas que tes que sobrentender. Hai momentos nos que hai que supoñer feitos para entender a historia, por simples palabras que parecen que non teñen moita importancia.

O relato máis fácil é “A lingua das bolboretas”. Este relato enténdese moi ben xa que o escritor non oculta moitos datos. Ademais tamén foi o que máis me gustou, xa que me pareceu moi interesante.

O relato máis difícil foi “O míster & Iron Maiden” xa que foi moi complicado para min saber por que pasaba (ao final do relato) dun tema a outro moi rápido, pero ao final conseguín saber por que, aínda que necesitei axuda.

Rocío Villasenín (4º ESO)



Polo xeral o libro gustoume, ademais que ao ter relatos curtos son máis fáciles de ler.
O relato “A lingua das bolboretas”, gustoume sobretodo a primeira parte, na que Romualdo e Mocho se levan tan ben, porque me recordou a unha profesora que eu tiven en primeiro da ESO. Tamén me sorprendeu deste mesmo relato, o facilmente e rapidamente que Moncho e seu pai se esqueceron da xente que levaron, porque antes eles levábanse moi ben con eles.
O único malo do libro é que ao principio custa entender a relación entre o contido e o título. Tamén os relatos teñen un pouco máis de dificultade ao estar gran parte deles escritos en primeira persoa.
O mellor final do relato “ Só por aí” é o do libro, xa que é un final feliz e non é tan tráxico como o que eu escribín, que tampouco estaría mal.

Marta Brea Martínez (4º ESO) 



O relato que máis me gustou do libro foi “Carmiña” porque trata o amor ou atracción física dunha maneira moi esppontánea e ao mesmo tempo nunha linguaxe que utiliza verdadeiramente un adolescente.
Hai relatos como o de “Só por aí” que me resultou un pouco estraño, xa que non se sabe moi ben cal é a causa de que o rapaz se vaia da casa de noite.
Definitivamente faría un cambio nese relato e explicaría as causas de porque non volvía a casa, porque marchou e que pasou cando volveu.
O bo deste libro é que utiliza unha linguaxe moi coloquial e usual, fácil de comprender e trata temas moi graciosos e interesantes ao mesmo tempo.

Tamara Muíño Bello (4º ESO)