Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 11 de maio de 2012

Pintamos o noso arredor de cor violeta

O pasado 30 de Abril Uxía, Tamara, Nuria e Sonia participaron no programa "Sumando todas" de Radio Ordes, un programa que pretende poñer un gran de area na loita contra a desigualdade entre mulleres e homes.
É este un tema ante o cal non admitimos desculpas. Ou eres cómplice da desigualdade ou loitas pola xustiza. 
Xunto cun grupo de alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes, entrevistamos a Gemma Lienas, autora de O diario violeta de Carlota, libro interesantísimo que deunos moito que falar este ano no Club de Lectura, e levounos a crear un foro na Aula Virtual do noso centro, onde imos comentando todo o que nos chama a atención dende a nosa mirada violeta. Queremos agradecer especialmente a participación masculina neste foro.(Sabede que gañades puntos entre o sector feminino, un home que desenvolve e amosa sen vergoña a súa sensibilidade vale por dous!!) Queremos escoitar o que pensades e sentides. A igualdade é un traballo en equipo que queremos construir entre tod@s.

Aquí vos recordamos o link do foro

Aquí vos deixamos o link do programa de radio (saimos a partir do minuto 8)

Escoitade que interesante conversa tivemos con Gemma que sabe tanto sobre as relacións de parella e non deixedes de compartir as vosas reflexións e comentarios.

Por certo...alguén sabe o porque desta cor violeta???

Agustín Fernández Paz gaña o premio da AELG en Literatura Infantil e Xuvenil




O escritor Agustín Fernández Paz, con quen falou o alumnado de 1º da ESO pola rede através do skype no proxecto interdisciplinar A Feira das Nacións, recibiu este pasado sábado o premio da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil, pola súa obra Fantasmas de luz (Xerais).

Tamén estaba nomeado como finalista para o premio de narrativa para adultos pola súa novela Non hai noite tan longa (Xerais), pero foi finalmente Antón Riveiro Coello quen mereceu o recoñecemento á mellor novela, grazas a Laura no deserto (Galaxia).