Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de abril de 2012

Os libros fan pensar...

Penso, logo existo(Descartes)

Foto vista na web Piensa,es gratis

Conta de libros (XXVI): O can dos Baskerville, Arthur Conan Doyle





A min este libro gustoume moito porque os libros de Sherlock Colmes sempre me pareceron moi interesantes. Ademais tamén me gustou este libro porque ao mesmo tempo que ías lendo podías imaxinar a historia moi fácilmente, e case podías imaxinar algunhas partes do libro con ler dous ou un capítulo anterior.
A min o momento do libro que máis me gustou foi cando atacou o can a Henry e saber se morrera o can ou matara a Henry. Estou conforme co final pero gustaríame que acabara con Stapleton vivo. O vocabulario era sinxelo pero tiña algunhas palabras que non entendía.

Diego González Viqueira (3º)

Conta de libros (XXV): O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz



O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, Xerais

Eu penso que este libro está ben porque aínda que case todas as historias de amor  teñen un final tráxico (é dicir non rematan cun final feliz),  son relatos moi entretidos e con personaxes moi variados, ademais de manter o amor e o mundo dos libros en común xa que aparecen en todos os relatos e se manifestan de distinto xeito.  
Os relatos que máis me gustaron foron "Amor de agosto", "Esta estraña lucidez" e "Despois de tantos anos", porque dous deles mostran como se namoraba a xente noutra época e o outro relato é moi romántico. Tamén os fragmentos que abren os capítulos son moi alentadores xa que che dan unha idea do que pode acontecer no relato.


Verónica Barreiro Calviño (3º)