Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 11 de abril de 2012

Unha fermosa curtametraxe de promoción da lectura




Brétemas, o blogue de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, fainos a descuberta dunha fermosa curtametraxe (de tan só 85 segundos) das moitas que se están a facer para incentivar o interese pola lectura. Nesta curta, ou booktrailer, a rapaza protagonista sucumbe ao mundo da fantasía e do misterio que se atopa en cada libro. Paga a pena perder ese escaso minuto e medio en ollarmos esta peza.