Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 17 de xaneiro de 2012

Se estás a ler un comic...

Parte do alumnado de 3º e 4º de ESO que se apuntou a ler Blankets (máis información abaixo á dereita, pinchando na portada do libro) estréase na lectura do formato comic. Tanto se eres novat@ como se non, ou se estás a ler calquer outro comic, invitámosche a botarlle un ollo a esta presentación BREVE sobre as características especiais q debemos ter en conta ante unha historia deste tipo.

Agradecemos a Cris San Martín do CEIP A Ramallosa esta presentación que tomamos "prestada".

Importante: para poder ler o texto sen problemas, facede click en "Expand" e logo facede click de novo encima do debuxo dunha carilla, na barra de ferramentas que sae arriba.




Conta de Libros (XI): A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre



Principia a CONTA DE LIBROS deste trimestre. Os nosos parabéns a Verónica que aproveitou o tempo de lecer do nadal para facer unha nova ficha de lectura. Velaquí:

A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

Para min este libro foi un dos mellores que lin e do que logo tivera que facer un traballo. É dicir, eu xa facía tempo que tiña gaña de ler este libro porque xa o tiña pensado ler no verán, pero como non me deu tempo estivo moi ben que o puidese elixir para ler na materia de Lingua Galega. O traballo resultoume algo máis complexo de realizar xa que tiña que manexar moitos datos e personaxes, aínda que a historia xa era complicada de explicar de por si. Nunca lera un libro tan relacionado coa sociedade e ao mesmo tempo con temas sexuais, e para ser a primeira vez estivo moi ben xa que os personaxes me caeron moi ben, as historias de amor entre os adolescentes foron xeniais e ademais o que completou o libro foron as historias dos deuses, xa que aprendín moito tanto desas historias como do sistema educativo.
Grazas a este libro son quen de ver a verdadeira amizade, a protección da familia, a visión da sociedade … e sobre todo a pensar detidamente as cousas para mellorar o futuro.

Verónica Barreiro Calviño (3º)