Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 14 de decembro de 2011

Conta de Libros (V): Anxos en tempos de chuvia, Miguel Vázquez Freire










O libro gustoume, porque dende o principio espertábame a curiosidade de cómo sería o final e todo o que pasaría durante o relato.
Tamén foi algo novo ler un libro cun narrador n segunda persoa.
A parte que máis me gustou, aínda que non saberla elexir porque o libro en conxunto está moi ben, poida que sexa cando Moncho e Sandra están almorzando na cociña e remátanse bicando.
O final que o libro ten está tamén moi ben, pero eu case preferiría que se parecese máis a outro final que propuxen, porque lle daria como máis intriga ao libro.

Marta Brea Martínez (3º)

Conta de Libros (IV): Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro



Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro, Xerais.

O libro describe ben o que pasou cando estalou a guerra civil, e enténdese bastante ben pero aínda que algunhas palabras non tanto.
Tamén non debería de ser case todo o transcurso do libro nun mesmo lugar, xa que case todo sucede na Touza.
A min o momento que máis me gustou e o que me parece máis importante é cando empezaron os diálogos entre o Garabís e o Gregorio porque dáche a sensación de que pode atacar ou poden chegar a un acordo para liberar a Sara; xa que anda cerca.
Este libro gustoume moito e fala moi ben sobre os paseos que se produciron en moitos lugares non só de Galicia, tamén de España.

Alberto Pardal Noya (4º)


Gustoume o libro porque por medio dunha historia abrangue moitas outras. Xa que o mesmo que lle pasa a Gregorio e Sara púidolle ocorrer a moitas máis persoas inocentes. Ademais abrangue a situación da aldea e o medo dos veciños e mais a impotencia que estes senten.
Para min a escena máis importante é cando a Sara, aínda atada na árbore, é ameazada e senón chama por Gregorio matarana, pero aínda así non o fai. Daría a súa vida por a del. E iso é realmente bonito e digno de admiración.
Non cambiaría nada, posto que para min todo está perfecto. Incluso a forma que o autor ten de escribir, demostra a súa calidade algo que non moitos escritores posúen.

Sonia Calo Mosquera (4º)

Conta de Libros (III): Tristes armas, Marina Mayoral


Tristes armas, Marina Mayoral. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


A min o que máis me gustou foi cando Rosa quería ser moza de León e ela era pequeniña.Non cambiaría nada, pero esperábame outro final diferente. Pois que a nai volvese ver as fillas, que o pai non morrese, pero foi todo o contrario.
Pero a min o libro gustoume moito porque mete moitos temas diferentes: o amor, a guerra, a loita dunha familia por unha mesma felicidade.
Quizais a parte que menos me gustou é na que aparece a tía que non apoia á familia. Eu eliminaría esa parte. Aínda que a tía tamén fai un bo papel na historia paréceme dos menos importantes.
É un libro que me enganchou desde o principio, non me foi difícil de ler e entretívome moitísimo, con este libro tiven unha lectura como a min me gusta, porque teño que recoñecer que eu non son moito de lectura.
Este libro amosoume moitas cousas: que o que un quere non sempre o pode ter e que hai que seguir para diante e loitar. Tristes armas é un libro do cal o seu título me chamou moito a atención pero antes de ler nada pensei que ía ser de dúas rapazas que ían ser matadas polos seus pais, por exemplo.

Alba Docampo Noya (3º)