Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 27 de outubro de 2011

Nós lemos para que ti non teñas que facelo

Dura tan só un minuto e resulta interesante este video promocional da lectura. Porén o seu “eslogan” non é moi axeitado xa que non se entende fóra de contexto.

En realidade están apromocionar un espazo de recensións de libros, onde se recomendan lecturas, por iso din “Nós lemos para que ti non teñas que facelo”.

Para nós sería moito mellor que dixese algo así como “Nós lemos para que ti poidas escoller”. Alén diso, nalgunhas das situacións que saen no video tampouco sería moi aconsellable ler. En calquera caso, quedamos co espírito lector desta mensaxe publicitaria.

Daquela, a ler eses libros que xa agardan por nós, nas diferentes materias ou no clube de lectura.

Fonte: http://librosfera.blogspot.com