Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 13 de setembro de 2011

Dor nas bibliotecas escolares neste comezo de curso

Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.

Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.

Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa

Pilar Sampedro

Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre
jdoloresj
teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Henning

Visto no blog do IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

(ENTRADA colectiva en lembranza de Mª Dolores) Enlace

Agustín Fernández Paz gaña o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.


Agustín : Dende Vilalba (Lugo) para o mundo


Con moito orgullo comentamos a nova de última hora: Agustín Fernández Paz gaña o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.

Comprometido coa defensa do galego, Fernández Paz dixo que escribe nesta lingua por ser aquela na que se desenvolve a súa vida cotiá, e, aínda que en principio isto puido ser un obstáculo coas editoriais, actualmente a práctica totalidade das súas obras están traducidas tamén ao castelán.

Ademais, a Organización Española para el Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) propuxo ao escritor galego como candidato español para o Premio Andersen(nova recollida xa no blog no seu momento, como recoñecemento a unha "contribución duradera á literatura infantil e xuvenil" dun escritor e dun ilustrador . Este premio, considerado o Nobel da literatura infantil, será fallado en 2012 durante a Feira de Bolonia.

Estamos segur@s de que moitos de vós tedes lido algunha das súas obras, son estas:

Obras (Fonte: wikipedia)

  • A cidade dos desexos, 1989 (novela juvenil)
  • As flores radiactivas, 1990 (novela juvenil)
  • Contos por palabras, 1991 (narrativa juvenil). Premio Lazarillo. Seleccionada por la Fundación Germán Sánchez Ruipérez como una de las cien mejores obras de la literatura infantil española del siglo XX.
  • Lonxe do mar, 1991 (narrativa juvenil)
  • O tesouro do dragón Smaug, 1993 (narrativa juvenil)
  • Raparigas, 1993 (narrativa juvenil)
  • Unha lúa na fiestra, 1994 (narrativa juvenil)
  • As tundas do corredor, 1993 (narrativa infantil)
  • Trece anos de Branca, 1994 (novela juvenil)
  • Cartas de inverno, 1995 (novela juvenil)
  • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995 (novela juvenil)
  • Avenida do Parque, 17, 1996 (novela juvenil)
  • O centro do labirinto, 1997 (novela juvenil)
  • A néboa escura, 1998 (narrativa infantil)
  • O laboratorio do doutor Nogueira, 1998 (novela juvenil)
  • Noite de voraces sombras, 2002 (novela juvenil)
  • Un tren cargado de misterios
  • Tres pasos polo misterio, 2004
  • A escola dos piratas, 2005 Premio Edebé de Literatura Infantil y Juvenil
  • Aire negro, 2006
  • Corredores de sombra, 2006 (Novela juvenil)
  • O único que queda é o amor, 2007 Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil
  • Lúa do Senegal, 2009
  • A dama da Luz, 2009 (Album realizado junto a Jorge Magutis)

Aquí tedes a noticia do Premio recollida no Xornal de Galicia:

http://www.xornal.com/artigo/2011/09/12/cultura/fernandez-paz-gana-premio-iberoamericano-sm-literatura-infantil-xuvenil/2011091219312900859.html

Aquí podedes saber máis sobre Agustín:

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor1
Enlace

Enlace