Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 17 de febreiro de 2011

Libros cargados de fortes emocións


Supoño que xa vistes no pasillo un novo mural con propostas de lectura para este trimestre. Como sabemos que tod@s recibistes algunhas charlas sobre "fortes emocións" (drogas, alcohol...) e algúns ides ter un próximo obradoiro sobre alimentación, os libros propostos abordan estes temas. Os titores e as titoras levarán os libros polas clases para que os vexades, os toquedes...e se vos animades a lelos, estarán á vosa disposición na biblioteca, en canto "rulen" por todas as clases. Gustaríanos moitísimo coñecer a vosa opinión sobre libros en concreto, e sobre estas propostas trimestrales de lectura, relacionadas con temas que, pensamos, son do voso interese. Tamén podedes propoñer outros temas para o próximo trimestre. Na biblio temos de todo, a pedir de boca.

Imos ir comentando algúns dos libros nos seguintes días. Hoxe deixámosvos un enlace-comentario deste libro que atopamos no blog da biblioteca do IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela. Acededes pinchando no enlace a un resumo do libro e a dous comentarios de rapazas de 4º de ESO, ben, ben interesantes.

Aquí:

Biblioteca IES Eduardo Pondal: El mensajero del miedo de Jordi Sierra i Fabra (lectura do Club de Lectura "Ponte un libro")