Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 15 de novembro de 2011

Conta de Libros (I): Xoel, Isabel-Clara Simó







Neste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Trazo o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.

Xoel, Isabel-Clara Simó. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais


A min este libro ao principio non me convencía, pero pouco a pouco funme enganchando, xa que me encantaban as historias que lle pasaban a Xoel, sobre todo algunha experiencia que me ten pasado a min ou que ao mellor me pasará, nesas nas que sentes o perigo e non paras de rir. Tamén me gustou este libro polo afán de superación de Xoel, e as historias de amor. E sobre todo porque é un libro moi xuvenil e usa unha linguaxe moi coloquial. Aínda que hai partes que me atraían máis para ler que e outras que menos como o seu afán por debuxar. En xeral foi un libro moi interesante, ben relatado e divertido.


Verónica Barreiro Calviño (3º)


O momento máis importante para min foi o momento en que se coñeceron Marta e Xoel. Xa que logo Marta namorouse de Xoel e envialle a carta para coñecerse mellor.

A min o libro interesoume porque, me pareceu un libro no cal os protagonistas saben como superar os seus problemas e coñecer a xente que os poida axudar en todo momento. Pero a razón máis importante polo que me gustou foi, a historia de amor entre Marta e Xoel e os problemas que teñen.

Só faría un pequeno cambio no final, para que non fose tan aberto.

A lingua non é un problema para comprender a historia e o argumento principal.

Tamara Muíño Bello (3º)

A min o libro de Xoel gustoume bastante, porque ten algunhas anécdotas que lle pasaron ó protagonista como a morte de súa nai e do can, como coñeceu a Marta a través dunha antiga compañeira de clase de Xoel, tamén aprender a ler os beizos… e tamén o que é pasar por una enfermidade tan dura que non podes facer nada, é dicir; que non podes estar moito tempo ó sol, non podes facer exercicio…
En fin o libro gustoume e recomendo a quen o queira ler e que dean o paso de lelo porque como a min me gustou, tamén lle gustaría como a min o incluso máis que a min.

Lucía Andrade Castro (3º)

1 comentario:

Alba Docampo Noya dixo...

Non sabia eu que este libro fose desta editorial coñeciao de terme falado del peor do resto nada.Moi bo traballo Vero e como espresaches que che gustou pois a min encantoume parece que hasta o fixeches dunha forma poética.