Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 31 de maio de 2011

Sabes escoller a parella que te mereces?


Estes vindeiros meses atento/atenta ao que levan nas mans as persoas polas que te sentes atraído/atraída. Se é un libro, un punto ao seu favor. Fala de chicas, pero pensamos que é aplicable tamén ao xénero masculino. Ti non? Deixa os teus comentarios.



domingo, 8 de maio de 2011

Visitounos o ilustrador e escritor Anxo Fariña, creador dos Megatoxos







O pasado martes día 3 de Maio visitounos Anxo Fariña, ilustrador e escritor da colección dos Megatoxos . Pasamos un rato ben agradable con el comentando o seu libro Os Megatoxos e o aprendiz de druida, as súas creacións e algúns dos segredos da súa creatividade, que quixo compartir co alumnado de 1º e 2º da ESO. Gustounos moito, especialmente a posibilidade de aportar ideas para as súas próximas historias. Podemos facelo no blog (http://megatoxos.blogspot.com/) ou por correo no enderezo megatoxos@megatoxos.com .

Se queredes coñecer máis sobre Anxo e a súa obra, non deixedes de ver este vídeo- entrevista que lle fixeron no IES de Porto do Son. Deberiamos "copiar" esta boa idea das entrevistas para outros persoeiros que nos visiten. Mirádeo aquí: http://vodpod.com/watch/5526738-megatoxos-1-entrevista-a-anxo-faria-on-vimeo

mércores, 4 de maio de 2011

Adega convoca concurso de relatos curtos e de fotografías



Sabemos que hai interesad@s no ámbito da fotografía e da escritura. Aquí podedes ver as bases dos concursos. Para axudas, dúbidas, envíos...pasade pola biblioteca e falade con Asun.

Pincha aquí para ver toda a información:

http://adega.info/info/090121joomla/novas-adega-lugo/511-participa-nos-concursos-de-fotografia-e-relatos-curtos-polo-territorio

martes, 3 de maio de 2011

2º ESO: O mellor blog do mes (Marzo) do Programa Prensa-escuela da Voz de Galicia


Gañamos!! Pincha aquí:



E agora a polo premio anual do mellor blog, pero mellor que volo conten eles mesmos. Isto comenta Alba Docampo no propio blog de 2º ESO "Matemáticas diarias en Trazo":

"É un honor enorme dicir: GAÑAMOS!, grazas o noso esforzo día a día, o entusiasmo en aprender cousas novas sobre a tecnoloxía moderna, ,é o máis importante que sempre que un compañeiro necesitaba axuda non había ninguén en negarlla, ao contrario sempre había mogollón de xente encantada de axudar. Por iso eu pregúntome: ímonos render? Pois non, imos conseguir ese premio do mellor blogue do ano, imos a por todas rapaces non poderán con nos. Xuntos podemos, e temos que ir con moita máis forza agora que fomos o mellor blogue de Marzo. Conseguirémolo, porqué? Porque somos trácense e nos somos galegos ata que morremos non viva Galicia e vivan as Matemáticas e viva o noso blogue. Agarrádevos agora imos con forza. O noso 2º pode con todo, veña rapaces ánimo ! Podemos facelo!."