Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 27 de marzo de 2011

Hoxe, Día Mundial do Teatro


Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Cada ano, unha personalidade representativa do mundo do teatro asina un manifesto que se difunde por todo o mundo. O texto deste ano 2011 corresponde a unha gran dramaturga, actriz, directora e profesora de teatro, Jessica A. Kaahwa de Uganda (sobre ela http://cemexitiunesco.org/contenido.php?id_clave=000005).

O International Theatre Institute publicou a Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro deste ano, que reproducimos a continuación:

por Jessica A. Kaahwa, Uganda

“O TEATRO A SERVIZO DA HUMANIDADE”

Este é o momento exacto para unha reflexión sobre o inmenso potencial que o Teatro ten para mobilizar as comunidades e crear pontes entre as súas diferenzas. Xa, algunha vez,imaxinaran que o Teatro pode ser unha ferramenta poderosa para a reconciliación e para a paz mundial? En canto as nacións consumen enormes cantidades de diñeiro en misións de paz nas máis diversas áreas de conflitos violentos no mundo, dáse pouca atención ao Teatro como alternativa para a mediación e transformación de conflitos. Como poden todos os cidadáns da Terra alcanzar a paz universal cando os instrumentos que se deberían usar para tal son, aparentemente, usados para adquirir poderes externos e represores?

O Teatro, sutilmente, permea a alma humana dominada polo medo e a desconfianza, alterando a imaxe que teñen de si mesmos e abrindo un mundo de alternativas para o individuo e, por consecuencia, para a comunidade. El pode dar un sentido á realidade de hoxe, evitando un futuro incerto. O Teatro pode intervir de forma simples e directa na política. Ao ser incluído, o Teatro pode conter experiencias capaces de transcender conceptos falsos e preconcibidos.

Alén diso, o Teatro é un medio, comprobado, para defender e presentar ideas que sustentamos colectivamente e polas que teremos de loitar cando foren violadas. Na previsión dun futuro de paz, deberemos comezar por usar medios pacíficos na procura de nos comprendermos mellor, de nos respectarmos e de recoñecer as contribucións de cada ser humano no proceso do camiño da paz. O Teatro é unha linguaxe universal, a través da cal podemos usar mensaxes de paz e de reconciliación.

Co envolvemento activo de todos os participantes, o Teatro pode facer con que moitas consciencias reconstrúan os seus conceptos preestablecidos e, desta forma, dar ao individuo a oportunidade de renacer para facer escollas baseadas no coñecemento e nas realidades descubertas. Para que o Teatro prospere entre as outras formas de arte, deberemos dar un paso firme no futuro, incorporándoo na vida cotiá, a través da abordaxe de cuestións prementes de conflito e de paz.

Na procura da transformación social e na reforma das comunidades, o Teatro xa se manifesta en zonas devastadas pola guerra, entre comunidades que sofren coa pobreza ou coa doenza crónica. Existe un número crecente de casos de suceso onde o Teatro conseguiu mobilizar públicos para promover a conscientización no apoio ás vítimas de traumas posguerra. Fai sentido existiren plataformas culturais, como o [ITI] Instituto Internacional de Teatro, que visan consolidar a paz e a amizade entre as nacións.

Coñecendo o poder que o Teatro ten é, entón, unha farsa manter o silencio en tempos como este e deixar que sexan “gardiáns” da paz no noso mundo os que empuñan armas e lanzan bombas. Como poden os instrumentos de alienación seren, ao mesmo tempo instrumentos de paz e reconciliación?

Exhórtovos, neste Día Mundial do Teatro, a pensar nesta perspectiva e a divulgar o Teatro, como unha ferramenta universal de diálogo, para a transformación social e para a reforma das comunidades. En canto as Nacións Unidas gastan sumas colosais en misións de paz co uso de armas por todo o mundo, o Teatro é unha alternativa espontánea e humana, menos dispendiosa e moito máis potente.

Non será a única forma de conseguir a paz, mais o Teatro, certamente, deberá ser utilizado como unha ferramenta eficaz nas misións de paz.”

venres, 25 de marzo de 2011

Unha de ortografía....


Alquiler mensual de un local en pleno centro de Madrid: 15.000 € / mes (como poco)
Decoración de una taberna: 20.000 €
Cartelería: 4.000 €
Que no le pongas acento al logo: Pase
Que después de 41 años sigas sin saber que búho es con hache: Es pa matarte.


(Visto en www.señoritapuri.com )










martes, 15 de marzo de 2011

Ritmo e bo rollo nas bibliotecas escolares de Galicia


Colgabamos hai unhas semanas o Lipdub d@s compañeir@s do IES Maruxa Mallo de Ordes e hoxe queremos destacar o traballo d@s compañeir@s do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo). Eles mesmos presentanolo así:

"O Equipo de Dinamización da Biblioteca contando coa colaboración do alumnado e profesorado do centro intervén na construcción da seguinte historia: Un libro esquecido enriba dun contenedor de lixo, despois de ser atopado por unha persoa, inicia un periplo viaxeiro polas distintas dependencias do centro ata chegar á Biblioteca, o seu sitio natural. De paso repasamos a C.D.U (Clasificación Decimal Universal) asociando imaxes, números e cores, o que se chama formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atras" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) .Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuizos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema)"

Pincha aquí (non poderás deixar de mirar!!) :

mércores, 2 de marzo de 2011

Sobre O último traballo do Señor Luna, entre outras cousas...


Pois os libros cheos de fortes emocións que percorren estes días aulas, parece que pouca emoción están a despertar... en comparación coas propostas do primeiro trimestre...
Hoxe buscando a alguén que nos falara dalgún deses libros, atopamos a Andrea, alumna do CPI de Carral que leu O último traballo do Señor Luna, un dos seleccionados este trimestre, e nos conta algunhas cousiñas máis nesta entrevista no blog do seu centro. Pincha aquí:

http://www.blogoteca.com/deleria/index.php?cod=64327

martes, 1 de marzo de 2011

IV Premio literario escolar de Novacaixa Galicia


Aquí vos deixo as bases dun concurso literario ben interesante para que vos animedes a participar. Xa sei que cando menos, @s de 2º ESO andan interesad@s. Alegrámonos moito, arriba ese poderío de escritor@s, que quedou demostradísimo no concurso de contos pola igualdade do mes de Novembro.

Botádelle un ollo e para dúbidas, axudiñas, envíos....pasade pola biblio e falade con Asun, ou enviade un mail. Ela encargarase de todo, agás escribir os relatos ou poesías. Deberiades telo listo para despois do Entroido. Tamén podedes envialo á biblio por ordenador, co voso nome, e Asun xa se poñerá en contacto convosco.

Toda a información, aquí (e no "corcho" da biblioteca, baixando as escaleiras) :