Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 30 de novembro de 2010

Os máis destacad@s do concurso!!


Hoxe reunímonos na biblioteca no recreo da mañá para agradecer aos alumnos e alumnas a participación no concurso "Vellos contos, novos finais". Ademais, quixemos destacar algúns dos traballos elaborados.


Pola súa sensibilidade e capacidade para plasmar no conto o obxectivo do concurso, creando unha protagonista decidida e que sabe o que quere, destacamos o conto de Tamara Muíño (2º ESO)


Pola súa creatividade e inventiva, dándolle vida e modernidade a un personaxe clásico e refacendo totalmente a súa historia, destacamos o conto de Cristina Deus (1º ESO).


Polo seu sentido do humor e o divertido enredo no que mete aos seus personaxes, pola capacidade de relacionar diversos contos e crear un sorprendente final, destacamos o conto de Leandro Fernández (2º ESO).


Nos próximos días iremos colgando estes tres contos, e nos seguintes algúns máis, para que tod@s podamos lelos, pasar un bo rato, e felicitar aos seus autor@s e/ou opinar sobre as súas creacións.


Estate ao loro, que o seguinte conto que apareza no blog, pode ser o teu !!!