Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 17 de decembro de 2010

Entrevistando a ex-alumn@s : Chefa


Por Juan Bodelo, Samara Fraga e Esther Iglesias (4º ESO)


Parécenos ben interesante ir sabendo que foi daquel@s que se foron, que están a facer e que recordos gardan do centro, e dos libros que aquí leron.
Hoxe a entrevistada é
María Josefa Gándara Ferreira. . O seu libro favorito é El principito, de Antoine De Saint Exupéry.

  1. Que libro che gustaba ler de pequena? Por que?

El pirata garrapata.

Porque era moi aventureiro, e moi divertido.

  1. Cal era o teu libro favorito?

El principito.

  1. Un libro que che gustara da escola? E o que menos che gustou?

O que mais, Cartas de inverno. O que menos, El pirata en el tejado.

  1. Cales son os recordos mais agradables da escola? E os que menos?

A miña etapa en diversificación (PDC), e a que menos a etapa de 1º e 2º.

  1. Como era a tua relación cos profesores? E cos compañeiros?

Cos profesores moi boa, e cos compañeiros ESTUPENDA.

  1. En que ano marchaches?

No 2008.

  1. Que fas agora?

Prácticas para peluquería.

martes, 14 de decembro de 2010

Terceiro e divertidísimo conto destacado no concurso "Vellos contos, novos finais"

Por Leandro Fernández (2º ESO)


Érase unha vez tres porquiños que vivían nunha aldea. Un día os tres porquiños estaban na súa casa coa súa nai, e ela díxolles que xa eran maiorciños e que fixeran cada un a súa casa para vivir nela.
Un día estaba un cochiño na súa casa de ladrillo e veu o lobo que quería comelo. E o lobo tanto soprou que acabou tirando a casa de ladrillo e o cohiño foi a casa do seu irmán que tiña unha casa de madeira. O lobo foi a esa casa e tanto soprou que acabou derribando a casa e os dous cochiños foron a casa do seu irmán que tiña unha casa de palla. Entón, o lobo foi para a súa casa e mentres que o lobo durmía, os cochiños derribaron a súa casa e chamaron a un cazador para que viñera cazalo. Pero non foi un cazador o que os axudou senón Cincenta, que o escarmentou dandolle co zapato de cristal na cabeza. E o lobo xamais volveu poñer zapatos de cristal.

xoves, 9 de decembro de 2010

Sobre a Asociación "Os xeitosos de Trazo"


Xa tod@s coñecemos a@s artistas que conforman este afamado grupo con tanto xeito, que bailan, tocan e fan festa alí onde se lles deixe, como tivemos ocasión de comprobar no pasado Magosto.

Para saber máis sobre el@s, pedímoslle a Adrián Paz (3º ESO), quen forma parte do grupo, que nos fixera chegar unha reseña sobre a asociación, contando un pouco a súa historia.

Este foi o documento que nos fixeron chegar hoxe "Os xeitosos" (e xeitosas, ou non?)

A finais do ano 1979, por iniciativa municipal, fórmase en Trazo unha escola de gaitas. Meses máis tarde empézanse a dar clases de baile tradicional. Este é o comenzo do que hoxe é a asociación cultural “Os xeitosos de Trazo”.

Na actualidade a asociación reparte a súa actividade en escola de baile, escola de gaitas e escola de pandereteiras. No seo da asociación tamén se están dando cursos de acordeón e de baile para maiores. No ano 2008 presentaron o seu primeiro disco chamado “Con moito xeito” no que recollen unha parte do repertorio da banda de gaitas e das pandereteiras.

“ Os xeitosos” contan no seu currículum ao longo destes trinta anos de vida con numerosos premios acadados en concursos de baile tradicional e pandeireta, actuacións en boa parte da comunidade, intercambios con grupos do resto do país (León, Salamanca, Valladolid, Asturias, País Vasco…) e en Portugal. No ano 2009 participaron no Festival “Intercelticu Beltaine” en Avilés e no “Intercéltico de Saint-Loup” na Bretaña francesa.

mércores, 8 de decembro de 2010

Segundo conto destacado do concurso "Vellos contos, novos finais"

Por Cristina Deus (1º ESO)


Bríncameles

Silvia era una nena mi guapa e coqueta e ademáis chamábanlle Brancaneves, pois encantáballe a neve. Vivía en Trazo e sempre quería ser a mellor arreglada e a mellor vestida da clase,pois quería chulearse diante das súas amigas.

Un día, no autobús escolar cara o colexioViaño Pequeno, quedou durmida, pois a noite anterior estivera vendo ata moi tarde a súa serie favorita, Hannah Montana. De repente sentiu algo nasúa boca… Era Xabier, un neno da escola que estaba por ela e que aproveitara o momento para bicala. Brancaneves, ao sabelo, enfadouse de tal modo que ata lle deu un sopapo en toda a cara.

Pouco despois chegaron ao colexio e como a mestra viu que Xabier chegara chorando por culpa de Brancaneves berroulle moito a ela, pero non lle importou. Todas as rapazas da clase envexaran sempre a roupa coa que vestía Brancaneves e o seus peiteados, ata que un día chegou unha rapaza nova, chamada María.

María era moi boa nena, moi humilde, todo o contrario que Brancaneves. Por iso desde aquela as rapazas empezaron a deixar a Brancaneves de lado e empezaron a estar con María. Daquela Brancaneves empezou a terlle moitos ciumes, tanto que un día deulle a María unha crema perxudicial para a pel, dicíndolle que era moi boa e que lle faría ter unha pel sen grans e moito máis suave. María, como era moi confiada, aceptouna e inmediatamente boutona na cara. Cando se deu conta tiña a pel chea de grans e de manchas.

Brancaneves, ao ver que o engano lle funcionara, foille preguntar ás rapazas da súa clase se aínda querían seguir sendo amigas de María. Elas respondéronlle que si, porque non lles importaba como fose María por fóra, senón que lles importaba como era por dentro e aí era mellor ca ela.





venres, 3 de decembro de 2010

Primeiro conto destacado do concurso "Vellos contos, novos finais"

Por Tamara Muíño (2º ESO)

Fermosa

Érase unha vez un home que tiña tres fillas, dúas delas eran guapísimas. A máis pequena non era moi guapa, pero si que era unha gran persoa.O cal facía que as irmás se riran dela.

Un día o comerciante tivo que facer un viaxe de negocios, as irmás máis grandes pedíronlle roupa para que a trouxese cando volvera da viaxe, mentres que María –así se chamába a filla menor do comerciante- só lle pediu unha rosa.

No camiño de volta, unha nevarada pillou por sorpresa ao comerciante.Cando cría que xa ía morrer ,viu ao lonxe unha luz, acelerou o paso e atopouse cunha fogueira e unha tenda de campaña. Seguiu mirando dentro da tenda , encontrou un saco de durmir e quedouse durmido dentro del.

Cando ía polo cabalo para marchar, viu unha roseira que lle recordou a María. Cortou unha rosa cando se oíu un ruído, e viu un home fermoso que lle preguntou:

-Porque colles as miñas rosas sen permiso?

-Perdoe señor, eu pensei que a roseira era do bosque, era para levarlle unha rosa que me pediu a miña filla.

-Unha das súas fillas pediulle unha rosa?

-Si, só me pediu eso e quería levarlla.

-Pode vostede lévalle a rosa a súa , pero cunha condición, que ma traía aquí e ma presente.

O comerciante colleu a rosa e prometeulle que traería a súa filla para que a coñecese. Cando levou a súa filla, a rapaza namorouse do rapaz, que se chamaba Adrián, pero ao rapaz non lle gustaba moito María, porque non era moi fermosa.

María pasou con Adrián tres meses, os dous fóronse coñecendo mellor ata que un día o comerciante enfermou e ela foino coidar, pero prometeulle a Adrián que volvería.Cando marchou , Adrián decatouse de que estaba namorado dela, porque como di o refrán “non sabes o que tes ata que o perdes”. A rapaza foi coidar ao seu pai pero regresou de contado porque o seu pai morreu.

Cando xa pasara un tempo despois de que o pai de María morrera , o rapaz decidiu que xa era hora de pedirlle a María que casase con el, e preguntoulle:

-María , quéres casar comigo?

A rapaza non sabía que contestarlle , pero pensouno mellor e dixo:

-Non quero casar contigo.

-Por que?

-Porque ti xulgas polas aparencias e as aparencias enganan.

E así María volveu para a casa de seu pai , aínda amando a Adrián como o amaba. E Adrián aprendeu a non xulgar polas aparencias, e xurou volver a estar con María.