xoves, 18 de febreiro de 2010
OBRADOIRO-CASTING
Os textos para o casting son os seguintes:
ROMEO E XULIETA:
Romeo coñece a Xulieta nunha festa. Namóranse de inmediato, pero o seu amor non é posible xa que as familias de ambos están enfrentadas.
Unha noite, Romeo entra no xardín de Xulieta. Ela está no balcón, reflexionando soa sobre o amor que sente por Romeo. Ao principio, el escoita o que ela di, dubidando se falarlle ou non. Finalmente, decide declararlle o seu amor ...
Xulieta:
Ai de min!
Romeo:
Falou. Volve falar, anxo radiante,
porque aí no alto es a gloria desta noite,
como o alado menxaseiro do ceo
ante os ollos abraiados dos mortais
que alzan a mirada cando cabalga
sobre a vagorosas nubes
e cruza o seu do ar.
Xulieta:
Oh, Romeo, Romeo. Por que es Romeo?
Nega ateu pai e rexeita o teu nome.
Ou xúrame amor
e deixarei de ser unha Capuleto.
Romeo:
Sigo escoitando ou debo falar?
Xulieta:
Só o teu amor é o meu inimigo.
Ti es ti, aínda que sexas un Montesco.
Qué é un Montesco? Non é man, nin pé
nin brazo, nin cara, nin parte ningunha
do corpo. Cambia o nome!
Que é un nome? O que chamamos rosa,
con outro nome tería o mesmo recendo.
Se Romeo non se chamase Romeo,
conservaría a súa mesma perfección
sen ese título. Romeo, rexeita ese nome
que non forma parte de ti
e a cambio tómame a min.
Romeo:
Cóllote pola palabra.
Chámame amor e quedarei bautizado:
xa non serei Romeo.
Xulieta:
Quen es ti que, oculto na noite,
invades os meus segredos?
Romeo:
Cun nome non sei dicir quen son.
O meu nome, adorada santa, resúltame odioso
porque é o teu inimigo.
De estar escrito nun papel, racharíao.
Xulieta:
Non escoitaron os meus oídos cen palabras
da túa boca e xa coñezo o son .
Non es Romero , un Montesco ?
Romeo:
Nin un nin outro , fermosa dama , se che desagradan.
Xulieta :
Como é que estás aquí e por que ?
O muro do xardín é alto e díficil de escalar
e un lugar de morte , por seres quen es ,
se algún parente meu te atopa.
Romeo :
Coas ás do amor saltei o muro ,
pois para o amor non hai barreiras de pedra
e intenta todo o que está ao seu alcance.
Non me asustan os teus parentes.
Xulieta:
Se te ven aquí , mátante.
Romeo :
Ah ! Mais perigo hai nos teus ollos
que en vinte espadas . Mírame con dozura
e estarei a salvo da sua inimizade.
Xulieta :
Por nada do mundo quixera que te visen.
Romeo :
O manto da noite protéxeme dos seus ollos
mais, se non me amas , que me atopen.
Mellor morrer vítima do seu odio
que pasar a vida sen o teu amor.
Xulieta :
Quen te guiou ata este lugar ?
Romeo :
O amor , que fixo indagar.
Aconselloume e deume ollos.
Non son piloto , pero aínda que estivese lonxe,
na inmensa ribeira dos máis remotos mares,
aventuraríame por tal tesouro.
Xulieta :
O veo da noite oculta o meu rostro.
Se non, un rubor virxinal tinxiría as miñas meixelas
por mor do que esta noite me oíches dicir.
( .... )
Xentil Romeo , se me amas , dimo de verdade.
Se pensas que son presa fácil,
serei arisca e cruel e direi que non,
entón terás que galantearme , ou nada de nada .
É verdade , meu Montesco, que son moi apaixonada
e podes pensar que de conduta lixeira ;
pero confía en min e demostrarei ser máis fiel
que as que saben finxirse discretas.
Noelia González . Alumna do PCPI.

xoves, 11 de febreiro de 2010
ROSA ANEIROS
BIOGRAFÍA
Meiras- Valdoviño, 1976. É xornalista e investigadora da Sección de Comunicación de Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais , entre eles culturagalega.org ( sección Agardando as lagarteiras ) , Diario de Pontevedra , El Progreso , Galicia Hoxe , El Ideal Gallego, Diario de Ferrol ( a traves da axencia AGN), Compostelán , El País Semanal , Cerna, Faneka brava , Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática.
OBRAS
En 1999 presentou a súa primeira novela Eu de maior quero ser ( Editorial Sotelo Blanco ) á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre ( Laviovento , 2002 ) , Resistencia ( xerais 2003 ) , O xardín da media lúa ( Galaxia , 2004 ) , o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras ( culturagalega.org , 2003 ) e Veu visitarme o mar ( Xerais , 2004) .
Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras ( Edicións Xerais de Galicia , 2000 ) , Relatos ( Librería Cartabón de Vigo , 1999 ) , Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 ( Edicións do Castro , 2001) , Seis ferroláns ( Edicións Embora ,2003 ) Alma de Beiramar perdida ( A Nosa Terra , 2003 ) , Botella ao mar ( AGAV , 2003 ) e Narradio ( Xerais , 2003 ).
Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo ( Pedrón de Ouro , 1998 ) ; o Manuel Lueiro Rey ( 1996 ) ; o Manuel Murguía (2001) , o Carvalho Calero ( 2001 ) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente ( 2003 ) . En 2009 gana as dúas categorias dos premios que convoca Edicións Xerais de Galicia : o Premio de Novela coa obra Sol de Inverno ( Xerais , 2009 ) , así como o Premio de Literatura Xuvenil con Ás de Bolboreta ( Xerais , 2009 ).
En You Tube pódese escoitar e ver a Rosa Aneiros contando que é o que a fixo comezar a escribir , así como coñecer máis a esta escritora a través dos seguintes enlaces : entrevista en Netclub ; entrevista en portugués realizada polo escritor Antonio Manuel Venda ; entrevista na web da Asociación Cultural Barbantia.
( fonte : http:// ciberclub.blogsome).
Noelia Gonzalez Alumna do PCPI

mércores, 10 de febreiro de 2010
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Estamos a piques de comezar cun novo título:
Sol de Inverno, de Rosa Aneiros
(Premio Xerais de Novela 2009)
Sol de Inverno é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o peroplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagosnista habita diversos escenarios que nos conducen desde aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circustancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo a viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagosnista que turra por volver a Antes.
Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulpo vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa nos ideais e da xustiza.
(Edicións Xerais de Galicia)
Anímadevos á lelo connosco!!!
(estamos pendentes de que cheguen novos exemplares do libro)
venres, 5 de febreiro de 2010
DEDICATORIAS DE AMOR
Se queres dedicar a alguén moi especial unha menxase de amor ...
Busca unha poesía, un texto, unha frase, un debuxo,... recollida nalgún do teus libros favoritos, e despois cubre a ficha que tes na biblioteca (lémbrate que tes que indicar o título e a autor/a da obra da que sacaches a dedicatoria).
ANÍMATE E PARTICIPA (podes facelo durante todo o mes de febreiro)
Haberá premios para as máis votadas!!!
Noelia González. Alumna do PCPI
xoves, 4 de febreiro de 2010
OBRADOIRO - CASTING
BÚSCANSE:
- Romeos e Xulietas
- Don " Juans " e Dona Inés ( Don Juan Tenorio)
- Bellas e Edwards ( Crepúsculo) ...
- Admítense suxerencias ( falar con Asun ) doutras parellas famosas da historia da literatura.
DATA: Luns 22 de febreiro
HORA: 15.00- 15.50
LUGAR: na túa biblioteca
INSCRICIÓN IMPRESCINDIBLE
( na biblioteca )
ata o 19 de Febreiro
BASES DO CÁSTING:
1. -A participación ten que ser por parellas ( poden ser do mesmo sexo)
2.- No momento da inscrición recibiredes o texto que debedes preparar para o cásting . Non cómpre aprender de memoria o texto , pódese ler.
3.- Tamén vos podedes apuntar para facer de público e / ou xurado o día do cásting.
HABERÁ PREMIOS PARA OS MELLORES !!!
Noelia Gonzalez . Alumna do PCPI.
FREBREIRO:MES DO AMOR NA LITERATURA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)